Luís Rodríguez Seoane
Luís Isidoro Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1836 e finado en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902, foi un médico e político galego.
Luís Rodríguez Seoane | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de abril de 1836 |
Pontevedra | |
Falecemento | 12 de agosto de 1902 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Luís Rodríguez Garea, era doutor en Medicina pola Universidade de Madrid. Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo, onde leu un dos brindes[1], e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. Foi deputado nas Cortes pola circunscrición de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884) e senador pola provincia de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). En 1871 foi nomeado gobernador civil de Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1857) e colaborou en El Buscapié, El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán.
Era irmán de José Rodríguez Seoane.
ObrasEditar
Sobre MedicinaEditar
- Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas, 1878
- Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar, 1880
- Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago, 1880
PoesíaEditar
- Mis ideales. Poesías, 1902.
NotasEditar
- ↑ Villar, Carmen "Aparece el tercer "Brindis" del Banquete de Conxo de 1856, que se creía perdido" Faro de Vigo, 4/1/2017 (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Rodríguez Seoane |
BibliografíaEditar
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.