La Perseverancia foi un periódico editado en Pontevedra en 1859.

Discurso de Benito Vicetto na portada do xornal no 24 de abril de 1859.[1]

Historia e características Editar

Subtitulado Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales, apareceu o 2 de marzo de 1859. Veu substituír a El País. Publicábase dúas veces por semana. Dirixido por Manuel Ángel Couto. Manuel Ángel del Villar foi o seu redactor, e entre os seus colaboradores estaban Luís Rodríguez Seoane e no eido literario Alberto Camino, o seu irmán Domingo Camino, Xoán Manuel Pintos e José Domínguez Izquierdo. Cesou a súa publicación o 8 de decembro de 1859.

Notas Editar

  1. "La perseverancia. 24 de abril de 1859". Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia. Consultado o 19/01/2021. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar