El País (1857)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El País.
El País foi un periódico editado en Pontevedra entre 1857 e 1858.
Historia e característicasEditar
Apareceu o 30 de agosto de 1857. Periódico de carácter científico e literario que se publicaba os xoves e domingos, dende o numero 19 subtitulábase Periódico de ciencias, literatura, industria y comercio, cambiando no número 61 a Periódico literario y comercial. Fundado por Luís Rodríguez Seoane, Francisco Fernández Anciles e Vicente Gregorio Aspa, que tamén foron os seus redactores xunto con José Rodríguez Seoane e Manuel Ángel Couto. Entre os seus colaboradores figuraron Domingo Camino, Xoán Manuel Pintos, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. Cesou a súa publicación logo de 115 números en decembro de 1858, e foi substituído por La Perseverancia.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. pp. 127–128. ISBN 84-7492-489-8.