Aurelio Aguirre

escritor galego

Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e finado na Coruña o 30 de xullo[1] de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.

Modelo:BiografíaAurelio Aguirre

Aurelio Aguirre
Biografía
Nacemento23 de abril de 1833 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1858 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteafogamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeRomanticismo (1857 - 1884)
Xénero artísticoPoesía
Sinatura

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1135540 BUSC: aguirre-aurelio-1833-1858

Traxectoria

editar

Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un home comprometido con Galiza e coas clases desfavorecidas, participando como miliciano no levantamento de 1854 e no banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856. Tiña grande estima entre os seus contemporáneos galegos e desde moi novo mantivo amizade con intelectuais de corte rexionalista, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Rosalía de Castro. Precisamente con esta mantivo unha forte relación amigable e literaria e de feito dedicoulle o soneto Improvisación.

Colaborou na Revista Galaica e gozou dunha enorme popularidade e influencia na súa cidade. Murguía, en Los precursores, afirma: Pertencía a aquel grupo de xenios descontentos e túzaros que nas súas vinte primaveras, e sen ver máis campos ca os que rodean a súa cidade, cre coñecer o mundo, ter sufrido grandes desenganos e probado tódalas feles da vida.

Como lle acontecera a máis dun poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica: afogou na praia de Santo Amaro da Coruña, sen estar claro se a súa morte foi accidental ou un suicidio.[2][3]

 
Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[4]

El mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858); tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui Medina.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar