Olivia Rodríguez
filóloga e escritora galega
Olivia Carmen Rodríguez González, nada na Coruña o 13 de xuño de 1959, é unha filóloga e ensaísta galega. Dende 2012 é académica correspondente da Real Academia Galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Olivia Rodríguez González 13 de xuño de 1959 (65 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Filoloxía Española |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora , filóloga |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Gonzalo Vázquez Pozo |
Fillos | unha |
Pai | Mariano Tudela |
Traxectoria
editarFilla do escritor e xornalista Mariano Rodríguez Tudela e da tradutora Ascensión González Deus. Doutora en Filoloxía Española pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada no Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001, Galaxia.[2]
- Vicente Risco (Escritor, etnógrafo e ideólogo do galeguismo), 2002, Ir Indo.
Edicións e obras colectivas
editar- Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
- Actas Simposio Carlos Casares, 2009, Fundación Carlos Casares.
- Novas Achegas ao Estudo da Cultura Galega. II, 2012, Universidade da Coruña.
- Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros. Concello de Pontevedra/Galaxia, 2015, xunto a Ana Acuña.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- La obra narrativa de Vicente Risco, 2001, publicada en Internet a través da Universidade Complutense.
Edicións
editar- Retorno a Iria Flavia. Obra dispersa y olvidada, 1940-2001, de Camilo José Cela, 2006, Alvarellos.
- Balada de los mares del norte. Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973, de Urbano Lugrís, 2008, Alvarellos.
Obras colectivas
editar- Del Romanticismo a la Posmodernidad, 2003, Laberinto, Madrid. Con Dolores Madrenas Tinoco.
Premios
editar- Premio da Crítica de Galicia en 2001, por Estética e teoría da cultura en Vicente Risco.
Vida persoal
editarCasou con Gonzalo Vázquez Pozo.
Notas
editar- ↑ Novos membros da Academia, nova na páxina oficial da RAG o 25 de xuño de 2012.
- ↑ Dedicado ao seu home, Gonzalo Vázquez Pozo e prologado por Carlos Casares.