Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Pintos .
Xoán Manuel Pintos Villar , nado no Burgo (Pontevedra ) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876 , foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincialista . A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853 ) a única obra súa publicada en vida. Dita composición sitúao nun lugar importante da literatura galega por ser a primeira escrita en galego moderno. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1975 .
“
Pintos é, sen dúbida, a figura máis excepcional do Rexurdimento galego do século XIX .[ 1]
”
Xoán Manuel naceu no seo dunha familia de clase media burguesa . Os seus pais eran Basilio Pintos García, funcionario de aduanas, e Ramona Villar Rodríguez, ambos naturais de Pontevedra. Foi o terceiro de cinco irmáns (dúas mulleres e tres homes). Trasladáronse a Ferrol en 1817, onde a nai e o irmán máis vello finaron sendo Xoán Manuel aínda un cativo. Volveron a Pontevedra e de novo a Ferrol. Viviu logo na Coruña (1822-25) onde estudou Humanidades no Convento de San Domingos e, máis tarde, na Universidade de Santiago de Compostela , formouse en filosofía (1825), que completou coa aprendizaxe de música e violín , e Dereito (de 1829 a 1835 ).
Xa licenciado, impartiu docencia universitaria na materia de Institucións Canónicas. Dende 1837 a 1840 traballou de avogado na Coruña. En 1840 foi nomeado xuíz de primeira instancia en Cambados polo goberno progresista. O ano seguinte casou con Serafina Amado Boullosa, irmá de José Benito Amado Boullosa , tamén escritor, coa que tivo catorce fillos.
Logo de ser destituído como xuíz en 1844 polo goberno conservador, e ata 1862 , exerceu de avogado na súa vila natal, onde foi fiscal e chegou a ser decano do colexio profesional. En Pontevedra impartiu ensino público e privado. Finalmente, dende 1862, foi rexistrador da propiedade na cidade de Vigo .
A gaita gallega .Colaborou cos xornais El País e La Perseverancia , ambos editados en Pontevedra, El Álbum de El Miño , El Heraldo Gallego e La Caridad .[ 2]
Foi nomeado socio de mérito da agrupación La Galicia Literaria , fundada en 1875 en Madrid por Teodosio Vesteiro Torres .
“
Sen o traballo de Pintos, hoxe, nós, igual aínda non sabiamos que somos galegos. [ 3]
”
O Concello de Pontevedra outorga periodicamente o Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua.
Obra en galego
editar
Vocabulario gallego - castellano .
Obra poética dispersa
editar
Placa no barrio natal.
"Dándome parte Faustino Domínguez de su casamiento con Luísa Coumes Gai le contesté en 13 de marzo de 1843 a la suya del 6 del mismo lo siguiente"
"Á entrada do Señor Arsibispo cando viña do seu desterro de Mahón. Cantábase na porta de San Roque en Santiago" (1844)
"Romance das dúas beatas" (1845)
"O Achadizo" (1845)
"A usura" (1845)
"Contos da aldea" (1846)
"A las gentes del campo en la festividad de Nuestra Señora del Refugio, la Divina Peregrina" (s.d.)
"Queixumes dunha fonte" (1857)
"Antonio e Margarida" (1857)
"Saudades de un pastor" (1857)
"Os nenos" (1857)
"1858" (1857)
"Consellos da tía Fuca á súa sobriña" (1858)
"Xacinto e Catriña" (1858)
"Égloga. Delores e Alexandre" (1858)
"Os labregos de Galicia á reina de España doña Isabel II" (1858)
"Cando te vexo nesa cruz pendente" (1858)
"O reiseñor" (1858)
"A Pontevedra" (1858)
"Contos da aldea que parecen historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea" (1858-1859). En El Álbum de El Miño .
"No seimento da fermosa filla de D. Domingo Lareu" (1859?)
"Contestación á Epístola de Alberte Camino" (1859)
"Recramo" (1859)
"A Sarmiento" (1859)
"A Galicia ", 1 de setembro de 1861. En Galicia. Revista Universal de este Reino , nº 23. pp. 364-368.[ 7]
"A Cuba"
"Un cego diante da cadea" (1865. O poema s.d. pero seguramente de 1853 ou 1854)
"Bieito e Manuela" (1867)
"Meting en Lérez" (1869)
"Ao poeta D. T. V. T., fillo de Vigo" (1875)
"A Vesteiro Torres" (1876)
"O loito" (s.d.)
Obra en castelán
editar
En castelán Pintos só publicou algún poema en La Caridad e El Desengaño (1872), unha elexía ("Fatal anuncio en pavorosos ayes", Faro de Vigo , 2/11/1875) e un longo estudo en prosa titulado "El poeta y el orador" (Faro de Vigo , 6/3/1875).
Galería de imaxes
editar
Xoán Manuel Pintos Xoán Manuel Pintos
Placa en homenaxe en Pontevedra. Placa en homenaxe en Pontevedra.
↑ Costas, Xosé-Henrique (2013) Galicia letra a letra , Televisión de Galicia .
↑ Dobarro Paz, X. M. : "Pintos Villar, Xoán Manuel". Gran Enciclopedia Gallega , 2005 .
↑ Ferro Ruibal, X. (2011). Xoán Manuel Pintos: o xurista do Rexurdimento Ben falado! , TVG .
↑ "Dicionario de dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega" . Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2015. Consultado o 20 de outubro de 2011 .
↑ Vocabulario gallego-castellano de Juan Manuel Pintos , ed. a cargo de Marga Neira e Xesús Riveiro en Cadernos de Lingua , RAG, Anexo 5, A Coruña, 2001.
↑ Carballo Calero , Ricardo (1975) [1963]. Historia da Literatura Galega Contemporánea . p. 82.
Véxase tamén
editar
Bibliografía
editar
Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea . Galaxia. pp. 75–83. ISBN 84-7154-227-7 .
Couceiro Freijomil , A. (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán ) 3 . Bibliófilos Gallegos . p. 96.
Dobarro Paz, Xosé María : "PINTOS VILLAR, Xoán Manuel" en Gran Enciclopedia Gallega , 2005 , en DVD .
Hermida, Carme , ed. (2003). A gaita gallega, de Xoán Manuel Pintos . Xerais . ISBN 978-84-8302-927-5 .
Millán González-Pardo, I : "Presentación e fitos cronolóxicos" en Retallos de poesía e prosa de X. Manuel Pintos Villar, 1975 , RAG .
Pena, X. R. . Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento pp. 90–102, 2014, Xerais , ISBN 978-84-9914-764-2 .
Ríos Panisse , ed. (2006). Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar . CCG . ISBN 84-96530-15-9 .
Vilavedra, Dolores , coord., (1995): Diccionario da Literatura Galega I, pp. 466–469, Galaxia , ISBN 84-8288-019-5 .
"Pintos Villar, Xoán Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3 . Ir Indo . 2010-2011. pp. 114–115.
"Pintos Villar, Xoán Manuel". Diciopedia do século 21 3 . Do Cumio , Galaxia e do Castro . 2006. p. 1635. ISBN 978-84-8288-942-9 .
Outros artigos
editar
Ligazóns externas
editar