José Rodríguez Seoane
xornalista e escritor galego
José Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra en 1839 e finado en Madrid o 27 de agosto de 1860,[1] foi un escritor galego.
José Rodríguez Seoane | |
---|---|
Nacemento | 1839 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 27 de agosto de 1860 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Luís Rodríguez Seoane |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Luís Rodríguez Garea. Foi un dos redactores do periódico pontevedrés El País (1857) e colaborou en La Correspondencia de España. En 1858 dedicouse a localizar nos arquivos de Madrid as obras completas do Padre Sarmiento.[2] Rematou a carreira diplomática e recibiu o título de Arquiveiro-Bibliotecario. Dispúñase a rematar os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid,[3] cando finou de febre tifoide. A súa obra foi recompilada no volume Artículos y Novelas (1889) cun prólogo do seu irmán Luís Rodríguez Seoane (tomo XXI da Biblioteca Gallega).
ObrasEditar
- Viajar de incógnito, 1860.[4]
NotasEditar
- ↑ La Correspondencia Gallega, 28-8-1899, p. 3.
- ↑ La Discusión, 11-11-1858, p 2.
- ↑ El Regional, 17-2-1891, p. 1.
- ↑ Viajar de incógnito