Guerras lusitanas

Guerras lusitanas é o nome historiográfico das guerras que a República Romana mantivo cun grupo de pobos do oeste da Península Ibérica, que os propios romanos chamaron lusitanos, e cuxo territorio foi incorporado á provincia chamada Hispania Ulterior. Tiveron lugar entre o 155 a.C. e o 139 a.C., sendo en parte simultánea ás guerras celtibéricas (guerra numantina, do 154 a.C., no territorio que se incorporou a Hispania Citerior). A guerra lusitana tamén se chamou Purinos Polemos (que, en grego antigo, significa a Guerra Feroz)

Guerras lusitanas
Parte de Conquista romana de Hispania

Monumento a Viriato e os lusitanos en Viseu, Portugal
Data 155 a.C. - 139 a.C.
Lugar Hispania
Resultado Vitoria romana (conquista da Lusitania)
Belixerantes
República Romana Lusitanos
Líderes
Servio Sulpicio Galba,
Caio Vetílio,
Lucio Licinio Lúculo,
Quinto Fabio Máximo Emiliano
Viriato †,
Púnico †,
Césaro,
Tautalo,
Cauceno
Baixas
? ?

Os lusitanos rebeláronse contra Roma en dúas ocasións (no 155 a.C. e 146 a.C.), mais foron derrotados nas dúas ocasións e os romanos impuxeron a pax romana.

Historia

editar

Primeiros contactos

editar

No 194 a.C., estalaron hostilidades entre os romanos e os lusitanos, que eran un pobo autóctono. Segundo Plutarco, no 190 a.C. Lucio Emilio Paulo enfrontouse aos lusitanos e tras ser derrotado inicialmente e perder a 6.000 dos seus homes, finalmente triunfou e matou a 30.000 dos seus guerreiros.[1][2] Ao ano seguinte, Publio Xunio Bruto derrotou e matou a 18.000 lusitanos e capturou 2.300 máis.[1] O seu sucesor como pretor da provincia Ulterior (188 a.C.-186 a.C.), ao comezo do seu goberno atacou os lusitanos e asediou a Asta Regia, matando a 6.000 persoas.[1] No 179 a.C., os romanos tiveron éxito na pacificación da zona e obtiveron un importante tratado de paz.

Primeira revolta lusitana

editar

Non obstante, no 155 a.C., baixo a dirección dun caudillo chamado Púnico (en grego: Πούνικος / Poúnicos,en Apiano), que estaba aliado aos vetóns, produciuse unha gran revolta que asolou toda a rexión. Así, no 154 a.C., os lusitanos atacaron a Bética onde derrotaron a Lucio Manlio Acidino, gobernador da Citerior, e a Lucio Calpurnio Pisón, da Ulterior, causando máis de 5.000 baixas.

Trala morte de Púnico, outro xefe chamado Césaro (Καίσαρος / Kaísaros), que asumiu o liderado da revolta lusitana, derrotou no 153 a.C. ao pretor Lucio Mumio Acaico finxindo unha manobra de retirada. Esta vitoria, animou á resistencia dos celtiberos, especialmente dos habitantes de Segeda que estaban inmersos na segunda guerra celtibera.[3] Ao mesmo tempo, tamén se levantou contra Roma outro caudillo, chamado Cauceno (Καυκαίνος / Kaukaínos), que invadiu momentaneamente o norte de África.

Entre os anos 154 a.C. e 153 a.C., Lucio Mumio ao mando duns 15.000 lexionarios, enfrontouse a un exército de 20.000 infantes e 5.000 cabaleiros entre lusitanos e celtiberos.[3] Tras sofrer varias derrotas iniciais nas que perdeu entre 5.000[3] e 6.000 homes,[4] finalmente, logrou impoñerse e vencelos e, mesmo, foi homenaxeado pouco despois cun Triunfo en Roma.[5][6]

O pretor Servio Sulpicio Galba e o procónsul Lucio Licinio Lúculo chegaron no 151 a.C. e procederon a someter á poboación local. Non obstante, os lusitanos causáronlles máis de 7.000 vítimas de combate, obrigándoos a se retiraren ao seu cuartel de inverno en Conistorgis, en territorio dos cuneos, cos seus 20.000 homes restantes.[7] Galba entón invitou aos líderes lusitanos a "iniciar negociacións de paz" (150 a.C.) e conseguiu atraer a máis de 30.000 lusitanos sen armas coa promesa de repartir terras entre eles[8][9][10] e asasinounos no acto, masacrando a 8.000[11] ou 9.000[9] lusitanos e vendendo outros 20.000 como escravos, incluíndo mulleres e nenos. A conduta de Galba escandalizou tanto en Roma que cando retornou foi xulgado, aínda que saíu absolto.[12] por Lúculo interveu antes de que embarcaran e asasinou outros 15.000 deles.[7] Finalmente, no 147 a.C., chegou con reforzos Caio Vetilio, sumando outros 10.000 soldados romanos para controla-la zona.[5][13]

Segunda revolta lusitana. Viriato

editar
Artigo principal: Viriato.
 
Mapa das campañas de Viriato contra Roma.

Quizais por mor do masacre, durante dous anos, apenas hai noticias[12] mais no 147 a.C., Apiano menciona que os lusitanos atoparan, o ano anterior, un novo caudillo chamado Viriato (Οὐρίατθος / Ouríatthos en Apiano), quen gañou sona entre os romanos como un gran líder guerrilleiro. De Viriato, Theodor Mommsen afirmou: "É unha especie de heroe de Homero quen resucitou: o nome de Viriato resoou gloriosamente en toda España[14]; e a brava nación creu atopar nel o home que por fin esnaquinazá as cadeas impostas polo estranxeiro".[15]

Viriato, conseguiu reunir uns 6.000 guerreiros cos que respondeu cun sistema de guerra de guerrillas contra unha ofensiva romana comandada por Vetilio.[16] Cando os romanos entraron en territorio inimigo perseguindo a Viriato, foron emboscados nunha garganta da actual Serranía de Ronda, preto dunha cidade que as fontes denominan como Tribola pero que está sen localizar, morrendo ou sendo capturados 4.000 romanos; entre os que morreron estaba tamén Vetilio.[12] Os romanos sobreviventes foron reforzados por 5.000 belii e titos (dúas tribos celtiberas aliadas dos romanos), e lanzaron outra ofensiva que tamén rematou desastrosamente coa maioría dos celtiberos aliados mortos e os sobreviventes tiveron que refuxiarse en Carteia á espera de reforzos.[17]

Viriato e mailos seus seguidores aproveitaron a inactividade do inimigo derrotado e tomaron a iniciativa, entrando na Carpetania e no val do río Betis, rexións que devastaron. Mentres o sucesor de Vetilio, o pretor Caio Plautio permanecía ao mando na Ulterior con 10.000 infantes e 1.300 xinetes, que inmediatamente lanzaron unha ofensiva para capturar ao líder lusitano na Carpetania, polo que Viriato volveu empregar-las tácticas guerrilleiras e causou máis de 4.000 vítimas romanas.[17]

 
Cadro de José Madrazo que representa a morte de Viriato, caudillo dos lusitanos e asasinado a traizón no ano 139 a.C. por varios dos seus homes e posiblemente coa aprobación ou participación dos romanos, que lolitaban contra el.

No 145 a.C., o xeneral Quinto Fabio Máximo Emiliano con 30.000 soldados, 17.000 deles recrutados recentemente,[5][18] levou a cabo unha exitosa campaña contra os lusitanos, pero fracasou no seu obxectivo de deter a Viriato. No 143 a.C., Viriato formou unha coalicióncon varias tribos celtibéricas contra os romanos mais o ano seguinte, no 142 a.C., o aliado de Viriato, o caudillo celtibérico Tancino, foi derrotado por Quinto Pompeio.[19]

Do 141 a.C. ao 140 a.C., Fabio Máximo continuou a súa campaña por Serra Morena con dúas lexións romanas e auxiliares xuntando en total, 18.000 infantes e 1.600 xinetes romanos, 300 numidios e 10 elefantes de guerra enviados polo rei Micipsa. Viriato derrotounos matando a 3.000 romanos.[1] Despois disto, o xeneral romano refuxiouse no seu campamento base onde recibiu 5.000 soldados máis de reforzo cos que comezou unha nova ofensiva provocando a fuxida dos lusitanos.[20] Tivo éxito cando se enfrontou en campo aberto aos caudillos lusitanos Curio e Apuleio, os cales perderon case todo o exército e 10.000 lusitanos foron capturados.[1] A pesar disto, poucos meses despois o exército romano foi emboscado e derrotado na serra. Pouco despois, Viriato derrotou tamén ao xeneral Quinto Fabio Máximo Serviliano e aceptou perdoarlle a vida a cambio dun tratado de paz de igual a igual.[19]

O tratado foi roto un ano despois polo novo cónsul Quinto Servilio Cepión, quen penetrou con 20.000 lexionarios nas terras dos vetenos e galaicos mentres que Marco Popilio Laenas pacificaba a rexión entre os ríos Douro e Texo, construíndo varios campamentos para asegurala.[19] No 139 a.C., Viriato foi finalmente asasinado mentres durmía por tres dos seus compañeiros -Audax, Ditalco e Minuro- que foran enviados como emisarios a Roma e subornados por Marco Popilio Laenas ou por Cepión.[21]

Décimo Xunio Bruto observou, mentres se internaba en Lusitania, que as súas cidades estaban defendidas por mulleres guerreiras.[Cómpre referencia]

Durante os anos 61 a 60 a.C. o propretor Caio Xulio César cun exército de 20 cohortes (uns 10.000 homes) e 5.000 auxiliares locais someteu definitivamente aos lusitanos.[22][23]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Fontes primarias

editar

Fontes secundarias

editar
  • Batista González, Juan (2007). España estratégica: guerra y diplomacia en la historia de España (en castelán). Madrid: Silex Ediciones. ISBN 978-84-7737-183-0. 
  • Blázquez, José María (1975). La romanización. Vol. II: La sociedad y la economía en la Hispania romana. Colección: Ciclos y temas de la Historia de España (en castelán). Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 84-7090-068-4. 
  • García Quintela, Marco V. (1999). Mitología y mitos de la Hispania prerromana (en castelán) 3. Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 84-460-1015-1. 
  • Garcés Estallo, Ignasi (1999). Historia antigua de Hispania. Colección: Textos docents 156 (en castelán). Barcelona: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-8338-107-9. 
  • Lorrio, Alberto J.; Gardes, Philippe (2001). Ercavica: la muralla y la topografía de la ciudad (en castelán). Madrid: Real Academia de la Historia. ISBN 978-84-89512-82-5. 
  • Martínez Miguélez, Antonio (2010). Héroes, Adventureros, Caudillos y Gestas (en castelán). Madrid: Editorial Aebius. ISBN 978-84-15209-15-7. 
  • Mommsem, Theodor (1876). Historia de Roma (en castelán). Libro IV. Tomo V. Madrid: Francisco Góngora, Editor. 
  • Sánchez-Moreno, Eduardo; Gómez Pantoja, Joaquín, eds. (2008). Protohistoria y Antigüedad de la Península Ibérica: La Iberia prerromana y la Romanidad (en castelán). Madrid: Sílex Ediciones. ISBN 978-84-7737-199-1. 
  • Suárez Fernández, Luis (1995). Historia General de España y América. Volume I. De la protohistoria a la conquista romana (en castelán). Madrid: Ediciones Rialp. ISBN 8432120960. 
  • Van Der Plas, Robert (1993). Nuevos estudios sobre la Romanización (en castelán). Madrid: Ediciones AKAL. ISBN 9788479020835. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar