Vetóns
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Os vetóns[1] eran un pobo prerromano no sector suroccidental da meseta central na Península Ibérica[2], entre o río Douro e o río Texo, moi coñecidos polas estatuas de gando, ou verróns.
Limitaban cos ástures, vacceos, carpetanos, oretanos, túrdulos, célticos e lusitanos. Vivían en castros, sendo o máis famoso o de Cogotas, que pasou a denominar este tipo de cultura debido á riqueza do seu xacemento como Cogotas II, que xorde no século V a.C. e alcanza o seu cénit debido aos contactos comerciais e á trashumancia, o que aumentou a súa demografía pero concentrando o poder en castas e poboados que darían lugar a cidades-Estado, que aumentarían o tamaño das súas murallas dando lugar a un protourbanismo con organización de fortificación e graneiros a grande escala.
CulturaEditar
A súa relixión era politeísta e facían sacrificios humanos[3] en certos casos, como o caso dos beltonenses, que durante o mandato de P. Craso (96-94 a.C.) ratificaron a paz cun pobo veciño mediante o sacrificio dun home e un cabalo. Entre os seus deuses estaban Trebaruna, Vaelicus (cun santuario en Postoloboso), Ataecina, Ilurbeda[4], Bandua, Arentia etc. O seu santuario máis coñecido é o do castro de Ulaca (semellante ao de Panoias) con escaleiras e pías. Os seus enterramentos eran mediante incineración con enxoval, que consistía en cerámica e armas (inutilizadas ao seren dobradas para así consagralas aos deuses por parte da aristocracia guerreira). É característica neste pobo a presenza de figuras de verracos aínda que se descoñece a súa utilidade (figuras de deidades, carácter funerario, marcos delimitadores...).
NotasEditar
- ↑ Entrada vetón en Digalego
- ↑ Eduardo Sánchez Moreno "Vetones:historia y arqueología de un pueblo prerromano" ed Cantoblanco 2000
- ↑ Manuel Salinas de Frías "Pueblos prerromanos de la península ibérica" ed Akal 2006
- ↑ Mª Rosario Hernando "A propósito del teónimo Ilurebda.Hipótesis de trabajo" Ficheiro epigráfico 2004
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vetóns |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |