Célticos

tribo celta da zona do Alentejo occidental, no sur de Portugal

Os célticos (en latín: Celctici, que quere dicir celta) é o nome dado aos celtas que habitaban na zona do Alentejo occidental, no sur de Portugal, o sur da provincia de Badaxoz e o norte da provincia de Huelva formando a zona occidental da Beturia: a Beturia Céltica.

Segundo Jorge de Alarção, "a designación Celtici" sería un colectivo que abarcaría a diversos pobos, como os saefes e os cempsii e se cadra tamén os lusitanos.[1] De feito propúxose unha orixe céltica para o etnónimo dos Cempsii que sería unha adaptación grega do orixinal Cimbii así recollido nunha estla do Algarbe para un tal kimbaitis 'dos Cimbios', e que se relaciona co antigo irlandés cimb 'tributo' e cimbid 'dador de tributos - vencido' < *kimbiatis.[2]

As poboacións dos célticos en Lusitania eran Lacóbriga, Caepiana, Braetolaeum, Miróbriga, Arcóbriga, Meribriga, Catraleucus e Arandis..[3]

Os célticos eran veciños dos turdetanos cos que compartían as chairas do Alentejo, ocupando os célticos a parte occidental. É Tolomeo (c. 90 - c. 168), baseado en autores máis antigos como Posidonio e Artemidoro o que distingue entre os dous pobos no século II. Segundo relata Plinio na súa obra, Historia Naturalis os Celticii ocuparon territorio até a Huelva andaluza, como pobo cadete dos Lusitanos, cos cales Plinio identificaba as leis, fala, o seu culto e nomes de oppidas. Os pobos célticos ensinaron a metalurxia do ferro aos habitantes da zona mediterránea.

Notas editar

  1. Alarcão, Jorge de. Populi, Castella e Gentilitates. Revista de Guimarães. Volume Especial, I, Guimarães, 1999. Casa de Sarmento.
  2. Koch, John 2009 "A case for Tartessian as a Celtic Language". Palaeohispánica: Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania antigua nº 9, 339-351
  3. (en inglés)The Geography of Claudius Ptolemy. Book II, Chapter 4. Localización de Lusitania Hispania. (Segundo mapa de Europa).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ángel Montenegro et alii, Historia de España 2 - colonizaciones y formación de los pueblos prerromanos (1200-218 a.C), Editorial Gredos, Madrid (1989) ISBN 84-249-1386-8
  • Mattoso, José (dir.), História de Portugal. Primeiro Volume: Antes de Portugal, Lisboa, Círculo de Leitores, 1992. (in Portuguese)
  • Berrocal-Rangel, Luis (2005). "The Celts of the Southwestern Iberian Peninsula". E-Keltoi: Journal of Interdisciplinary Celtic Studies 6: 481–96. 
  • Luis Berrocal-Rangel, Los pueblos célticos del soroeste de la Península Ibérica, Editorial Complutense, Madrid (1992) ISBN 84-7491-447-7
  • Plinio o Vello, Historia Naturalis III, 13-14.

Bibliografía adicional editar

  • Alberto Lorrio J. Alvarado, Los Celtíberos, Universidad Complutense de Madrid, Murcia (1997) ISBN 84-7908-335-2
  • Francisco Burillo Mozota, Los Celtíberos, etnias y estados, Crítica, Barcelona (1998, revised edition 2007) ISBN 84-7423-891-9