Posidonio

Posidonio (en grego Ποσειδώνιος), nado ca. 135 a.C. e finado en 51 a.C., foi un político, astrónomo, xeógrafo, historiador e filósofo estoico grego.

Posidonio
Posidonio, replica augustea (23 ac.-14 dc ca) da originale del 100-50 ac. ca. 6142.JPG
Nacemento135 a. C.
Lugar de nacementoApamea
Falecemento51 a. C.
Lugar de falecementoRoma
Ocupaciónmatemático, astrónomo, historiador, filósofo, escritor, físico e xeógrafo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia grega en Apamea, unha cidade romana sobre o río Orontes, no norte de Siria. Estudou en Atenas con Panecio, cabeza da escola estoica. Arredor do 95 a.C. asentouse en Rodas, o centro intelectual grego da época, onde participou na vida pública e foi embaixador en Roma (87-86 a.C.). Posidonio foi un dos intelectuais gregos que vían a Roma como un poder estabilizador nun mundo turbulento, e as súas conexións coa clase gobernante romana servíronlle para as súas exploracións xeográficas: viaxou por Grecia, Hispania, África, Italia, Sicilia, Dalmacia, Galia, Liguria... Posidonio describe o mundo bárbaro, en especial os celtas da Galia.

Consérvanse, por mediación de Estrabón, breves referencias de Posidonio a Gallaecia, centradas na súa riqueza mineira.