Panecio de Rodas
Panecio de Rodas, nado en Lindos no 185 a. C. e finado en Atenas en 110 a. C., foi un filósofo grego, mestre da escola estoica durante o seu período medio.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 185 a. C. ![]() Rodas, Grecia ![]() |
Morte | 110 a. C. ↔ 109 a. C. ![]() Atenas, Grecia ![]() |
Scholarch of the Stoic school (en) ![]() | |
129 a. C. – 110 a. C. ← Antípatro de Tarso (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Director de tese | Antípatro de Tarso (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo, escritor ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Movemento | Estoicismo ![]() |
Profesores | Diógenes da Babilônia (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Posidonio, Apolodoro de Atenas, Hecato de Rodes (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Obálky knih, ![]() Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
Traxectoria
editarViaxou a Roma, onde tivo escola, introducindo grandes modificacións na doutrina estoica con elementos tomados do platonismo e do aristotelismo, a fin de adecuala ao pensamento romano, iniciando así a tendencia ecléctica. Alí fixo amizade con Publio Cornelio Escipión Emiliano, do que foi conselleiro. Entre os seus discípulos atopábanse Mnesarco, Hecatón de Rodas, Dárdanos, Escílax de Halicarnaso, Teótimo e Posidonio.