Río Orontes
O Orontes é o principal río de Siria, excluído o río Éufrates.
Río Orontes | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() ![]() ![]() |
Nacemento | Montañas do Líbano |
Altitude | 910 m |
Lonxitude | 571 km |
Conca | 23.000km² |
Desembocadura | Golfo de Alexandreta (Mar Mediterráneo) |
Altitude desembocadura | 0 m |

Historia e características editar
Estrabón di que o seu nome orixinal foi Tifón (Typhon). O río pasaba por Antioquía e Seleucia (coñecida ás veces por Seleucia do Orontes).
O río nace nas montañas do Líbano, onde modernamente é chamado Al-Asi (Nahr al-Asi, ou "o río rebelde"), preto da vila de Labweh, un chisco ao norte de Baalbek, na parte oriental do val da Bekaa. Corre paralelo á costa para o norte en territorio sirio e pasa por Homs e Hamah e máis ao norte xira ao oeste e entra en territorio de Turquía, pasando por Hatay, ata chegar ao mar, desaugando en Suweidah (actualmente Samandagi).
Os principais afluentes ao norte son o Afrin (Afreen, antigo Oenobaras) e o Kara Su. O seu curso é duns 240 km.
Non é navegábel e a súa importancia deriva do feito de correr de sur a norte formando un val que antigamente permitía as comunicacións fluídas entre o norte e o sur de Siria.
Foi escenario da batalla de Qadesh (sobre 1290 / 1275 a C.) e a batalla de Qarqar (entre asirios e os reis confederados dirixidos por Damasco o 853 a.C.).
O río marcou a fronteira norte e leste de Amurru baixo dominio exipcio (séculos XV a.C. e XIV a.C.). Os cruzados tíñano como fronteira entre o principado de Antioquía e o emirato de Alepo.
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Orontes |