Froila I
Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[1] durante o seu reinado (757-768)[2].
Nome orixinal | (es) Fruela I (gl) Froila I |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 722 Asturias, España |
Morte | 14 de xaneiro de 768 (45/46 anos) Cangas de Onís, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Oviedo |
Monarca do Reino de Asturias | |
757 – 768 ← Afonso I o Católico – Aurelio → | |
Monarca do Reino de Galicia | |
757 – 768 ← Afonso I o Católico – Aurelio → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | guerreiro |
Outro | |
Título | Rei de Asturias Princeps Rei de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Munia de Áraba |
Fillos | Afonso II de Oviedo |
Pais | Afonso I o Católico e Ermesinda |
Irmáns | Mauregato Adosinda Vimarano |
Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[3] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[3]. De feito, figura como rei de Galicia nas fontes historiográficas de orixe árabe.[4][5]
Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[2], concedéndolle o nome de Froila I.[1]
Reinado
editarAo comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio[7].
Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[1], aos que venceu.
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de gran parte deste estamento.
Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira leste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.
Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[2]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[1], fillo de Froila Pérez.[8]
Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[8], fundado polo seu marido.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 López Carreira, A; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- ↑ 3,0 3,1 López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8
- ↑ Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 131.
Rei de Galicia (Yilliqiya) (citando a Ibn al-Athir, Ibn Khaldun, Ibn Al-Khatib, al-Qalqashandi e El-Hajji)
- ↑ Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne (en francés) (1897 ed.).
Alfonse, roi de Galice ; il eut pour successeur son fils Firowilia / Afonso, rei de Galicia; foi sucedido polo seu fillo Froila
- ↑ Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0
- ↑ Couceiro Freijomil, Antonio. Historia de Pontedeume e a súa comarca, 4ª edición (1995). Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8, páx. 25
- ↑ 8,0 8,1 Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
Véxase tamén
editar Vitiza. Paio, Fávila, Afonso e Froila. A nova monarquía galaica de 711 até 768. |
Outros artigos
editarBibliografía
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froila I |
- López Carreira, A,; Fernández Calo, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, J.M., Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
Reino de Galicia | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso I o Católico |
Froila I | Precede a: Aurelio |
Primeiros caudillos (711-767) |