O Portiño, Visma, A Coruña

lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña

O Portiño ou Seavella[2] é un lugar da parroquia de Visma, situado na faixa costeira virxe da Coruña, limítrofe co concello de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 532 habitantes (278 homes e 254 mulleres), o que supón unha diminución en 17 habitantes en relación ao ano anterior.

O Portiño / Seavella
ParroquiaVisma
ConcelloA Coruña
Coordenadas43°22′19″N 8°26′44″O / 43.371880555556, -8.4456194444444
Poboación532 hab. (2014)
editar datos en Wikidata ]
Situación do Portiño no concello da Coruña. En amarelo, o Porto de San Pedro.[1]

Vítimas de 1937

editar
 
Monumento aos mártires do Portiño.

A noite do 3 ao 4 de marzo de 1937 tivo lugar no Portiño un intento de fuga dunhas sesenta persoas que escapaban da represión franquista. A chegada da Garda Civil provocou a morte por afogamento dalgúns deles e a detención doutros 28. Un xuízo sumarísimo condenou a morte a 15 deles e foron fusilados en Punta Herminia o 9 de novembro.[3][4][5]

O 12 de abril de 2008 inaugurouse un monumento na súa memoria realizado polo artista Pepe Galán.[5]

Vertedoiro de Bens

editar

O lugar estaba situado ao pé do vertedoiro de Bens, creado na década de 1970. O 10 de setembro de 1996 uns 200 000 metros cúbicos de lixo do vertedoiro chegaron a cubrir O Portiño.[6][7] Joaquín Serantes López, un dos veciños, deuse por desaparecido[8]. Tralo desastre o vertedoiro foi selado e transformouse no parque de Bens[9].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Visma

editar
Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña

O Barral | Bens | As Bouzas | Cal de Moreiras | O Camiño do Pinar | O Coidal | Comeanda | A Costa | A Eira Vella | Entrecasas | Figueiras | Gatón | A Gramela | Labañou | Loureiro | Mazaído | Monte de San Pedro | Nostián | Pardiñas | A Pedra da Barca | As Pedreiras | Penamoa | O Peruleiro | O Portiño | Porto de San Pedro | O Río | Os Rosales | San Pedro de Visma | San Roque de Fóra | Seavella

Parroquias da Coruña

editar

Véxase tamén

editar