Parque de Bens
parque na Coruña
O parque de Bens é un parque do concello da Coruña situado en Bens. Foi inaugurado o 5 de xuño de 2001, Día Mundial do Medio Ambiente, sobre o antigo vertedoiro da cidade, que se derrubara en 1996 causando a morte dun veciño do Portiño.
Parque de Bens | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | parque ![]() | |||
Epónimo | Bens ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Conta cunha extensión total de 605 000 m² dividida en varias áreas:
- A área onde se situaba o vertedoiro permanece selada para a súa total recuperación en dez ou quince anos.
- A segunda grande área recuperada conta con algo máis de 300 000 m² e alberga unha cascada de auga e unha ponte de madeira.
- A terceira grande área é un espazo natural de 88 000 m², integrado por monte natural e o miradoiro de Outeiro, dende o que se pode contemplar unha panorámica da cidade.
No parque consérvase a Blanca Quiroga, embarcación de salvamento marítimo.
Galería de imaxes
editar-
Blanca Quiroga
-
Panorámica
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |