Illas de San Pedro
As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Visma, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 15 ha | |||
Espazos naturais de interese local | ||||
Data | 2020 | |||
Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión,[1] As tres illas e Os Fernandiños.
En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos,[2] mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva[3][4] e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.[5] O 7 de abril de 2020 aprobouse a declaración definitiva.[6]
Toponimia
editarSegundo Nicandro Ares San Pedro deriva do antropónimo latino relacionado con petra (pedra). É un nome de santo, haxiotopónimo.[7]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Historias deshabitadas de la costa". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-09-06. Consultado o 2021-03-14.
- ↑ Consellería do Medio Rural "ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se declaran, de xeito provisorio, como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña, na provincia da Coruña." DOG Núm. 112 do 10/06/2009 pp. 9.946-9.947
- ↑ O Goberno local someterá ao próximo Pleno o acordo para tramitar a declaración das Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local
- ↑ "O Pleno aproba por unanimidade o procedemento para declarar as Illas de San Pedro como Espazo Natural de Interese Local". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2017.
- ↑ "A Xunta declara provisionalmente o espazo natural de interese local Illas de San Pedro na Coruña". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2017.
- ↑ ORDE do 7 de abril de 2020 pola que se declaran definitivamente como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas de San Pedro |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |