Gundemaro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Gundemaro, finado en Toledo no 612, foi un monarca visigodo que reinou entre os anos 610 e 612.
Gundemaro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século VI |
Falecemento | febreiro de 612 e marzo de 612 |
Toledo | |
Ocupación | king of Wisigoths |
Cónxuxe | Hildoara |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Tras encabezar a facción aristocrática descontenta e asasinar ao seu predecesor, Viterico no ano 610 accede ao trono real. Desempeñara o cargo de gobernador da Septimania, o que lle permitiu sumar os apoios dos católicos e unha vez proclamado rei iniciou un período de represalias contra aqueles que se lle opuxeran, como foi o caso dun conde da Septimania chamada Bulgar, a quen mandou torturar e desterrar.
O seu curto goberno caracterizouse polas loitas contra os vascóns, que se espallaban ata o val do Ebro, e que Leovixildo tratara de sufocar infrutuosamente. Tamén iniciou un período de alianzas con reis francos merovinxios, que terminarían pouco despois coa súa morte natural en 612 na cidade de Toledo.
Predecesor: Viterico |
Rei dos visigodos 610-612 |
Sucesor: Sisebuto |