María Castaña

fidalga galega

María Castaña,[1][2][3][4][5][6] Maricastaña[1][5][7] ou María Castiñeira,[6] nada en Cereixa (A Pobra do Brollón), foi unha fidalga galega de finais do século XIV, que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico.

Modelo:BiografíaMaría Castaña

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIV
Cereixa (A Pobra do Brollón), Galiza
MorteAntes de 1386 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLugo Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalega
España Sagrada, t. XLI, 1798. Nas pp. 126-127 aparece o texto sobre María Castaña.

Traxectoria

editar

Debía ser filla dos señores do couto de Cereixa.[1] Viviu na cidade de Lugo e era a muller de Martín Cego,[7] quizais descendente de Roi Cego, un dos cincuenta homes bos, os mellores de si, os cales, no nome do Concello, lle fixeron homenaxe e xuramento ó bispo Arias en 1295.[1] No ano 1386, reinando Xoán I de Castela, dirixiu unha revolta contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar (1349-1390), que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos, e coa axuda dos seus cuñados (ou fillos, segundo outras fontes)[7] matou a Francisco Fernández, mordomo do bispo.[2]

O padre Risco na súa obra "España sagrada", tomo XLI (1798)[8] afirma que o 18 de xuño de 1386 María Castaña, muller de Martín Cego, Gonzalo e Alfonso Cego confesaron que lle fixeran moitas inxurias á Igrexa de Lugo e terlle dado morte ao mordomo do bispo.[1][9] Sufocada a revolta, María Castaña e os dous cuñados (ou fillos) foron obrigados a doar os seus bens á Igrexa, entre eles as posesións en couto de Cereixa e mil marabedís.

 
El Heraldo Gallego, n.º 383, 1880.
En el Archivo Episcopal en el Tom. I. de pergaminos se halla tambien un instrumento de reconocimiento y satisfacción dado en 18. de Junio de 1386. en el qual Maria Castaña, muger de Martin Cego, Gonzalo Cego, y Alfonso Cego, confiesan haber hecho muchas injurias à la Iglesia de Lugo, y haber matado à Francisco Fernandez, mayordomo del Obispo. Para satisfacción de estos delitos hicieron donacion à la Catedral de todas las heredades que retenian en el coto de Cereisa, y se obligaron à pagar mil maravedis de la moneda usual, protestando no harian daño jamas, sino que antes ayudarían en adelante á los recaudadores de la Iglesia y del Obispo.

— Risco, Manuel. 1798, España sagrada. Tomo XLI. De la Santa Iglesia de Lugo: continuación de su historia desde el siglo XII hasta fines del XVIII.

editar

María Castaña é unha figura histórica e lendaria coñecida en toda a Península Ibérica co nome de Maricastaña. Tamén é protagonista de textos literarios. É frecuente aludir a ela para referirse ao pasado remoto.[5][10]

En 1986 o concello de Lugo propuxo o seu nome para unha rúa da cidade, pero a proposta rexeitouse. Con todo, e en parte polo labor pedagóxico do profesor e investigador Isidoro Rodríguez Pérez, que colaborou na creación da asociación María Castaña, no ano 2000 púxoselle o nome da fidalga a unha das rúas extramuros da cidade. Así mesmo, o concello da Pobra do Brollón adicoulle o nome dunha pequena rúa sen saída.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "María Castaña". Gran Enciclopedia Galega. 2005. 
  2. 2,0 2,1 Marco, Aurora (2007). "Castaña, María". Dicionario de Mulleres Galegas. pp. 90–91. 
  3. Otero, E. (2009): "María Castaña. Unha rebelde do século XIV que se convertiu nunha lenda popular" [sic] Álbum de mulleres, CCG.
  4. Domínguez Touriño, Gillermina e Estévez Salazar, Felicia (2009). Tres mulleres galegas de armas tomar, María Balteira, María Castaña e María Soliña.
  5. 5,0 5,1 5,2 Mero: Nos tempos de María Castaña, conto popular
  6. 6,0 6,1 López Carreira (1997). Historia xeral de Galicia. p. 188. …a célebre Maria Castaña (ou Castiñeira)… 
  7. 7,0 7,1 7,2 Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. pp. 59 e 191–192. 
  8. Risco, Manuel (1798). España Sagrada, Tomo XLI. pp. 126–127. 
  9. Pereda, Jose María de (2006). Gutiérrez Sebastian, Raquel, ed. Blasones y talegas. Stockcero. p. 140. ISBN 987-1136-44-7. 
  10. "María Castaña". Enciclopedia Galega Universal 11. p. 415. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar