Isidoro Rodríguez Pérez


Isidoro Rodríguez Pérez, nado no barrio de Magoi (Lugo) en 1958[1], Enfermeiro de profesión, profesor universitario e un especialista en folclore galego.

Infotaula de personaIsidoro Rodríguez Pérez
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa infancia transcorreu entre Lugo e Portomarín onde ten a súa casa petrucial. Trala Diplomatura en Enfermaría, licenciouse en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, onde posteriormente realizou a súa tese de doutoramento "Os modelos culturais de enfermaría:unha alternativa ao exercicio da profesión" . É profesor na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo.

Dende 1975 forma parte da Agrupación Cantigas e Flores de Lugo. Así mesmo, foi un dos membros fundadores e o presidente da Asociación de Profesores de Baile Tradicional Galego e membro fundador da Agrupación Folclórico Cultural Reviravolta. Tamén preside o Colectivo Cultural María Castaña de Lugo.

En 2013, foi un dos membros fundadores da Academia de Enfermaría de Galicia, institución que preside dende o ano 2018.

Obra editar

  • Método de baile galego I (iniciación) (Ophiusa, 1995) (en colaboración)
  • A etnografía e o folclore galego na educación artística (2004).

Notas editar

  1. Perfil do docente na páxina web da USC.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar