Cereixa, A Pobra do Brollón
San Pedro de Cereixa é unha parroquia da Pobra de Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 157 habitantes (83 homes e 74 mulleres), agrupados en 11 entidades de poboación, cunha densidade de 20,93 hab./km². A súa poboación diminuíu notablemente dende 1991, cando tiña 227 habitantes.
Cereixa | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′08″N 7°25′18″O / 42.552222222222, -7.4216666666667Coordenadas: 42°33′08″N 7°25′18″O / 42.552222222222, -7.4216666666667 |
Área | 7,5 km² |
Poboación | 157 hab. (2011) |
Densidade | 20,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte coas parroquias de Eixón e Castrosante, ao sur con Pinel e Abrence, ao leste coa Pobra do Brollón e Castroncelos, e ao oeste con Fornelas e Chavaga.
HistoriaEditar
Na zona de Alende hai restos do castro de Alende. Nesta parroquia naceu María Castaña, impulsora das revoltas contra o bispo de Lugo no século XIV. Na zona de Nogueiras hai os restos dun muíño no que a fidalga se reunía para planear as revoltas.
A parroquia foi concello ata a organización actual dos concellos co proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833, polo que en 2021 cumpriu o seu bicentenario[2])
Patrimonio artísticoEditar
- Igrexa de San Pedro, de planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta a dúas augas con tellado de lousa. No interior conserva esculturas.
- Capela de Nogueiras.
- Castro de San Lourenzo. No poboado fortificado construíuse unha capela na Idade Media, con sepulcros ao seu redor. Foi rehabilitada en 1876 e despois abandonada. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo unha explotación de grava e area.[3]
FestividadesEditar
As festas da parroquia celébranse na honra á Virxe do Rosario, en outubro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CereixaEditar
Lugares da parroquia de Cereixa no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
A Albariza | Alende | As Areas | Cima de Vila | A Estación | O Falcón | A Ponte | Guntiñas | Nogueiras | Rairos | A Zapateira |