Vilachá, A Pobra do Brollón
parroquia civil do concello da Pobra do Brollón
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilachá.
San Mamede de Vilachá, popularmente chamada tamén Vilachá de Salvadur[2], é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2011 tiña 64 habitantes (139 habitantes en 1991), agrupados en catro entidades, cunha densidade media de 5,42 hab./km².
Vilachá | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°28′26″N 7°23′32″O / 42.473933333333, -7.3923416666667 |
Área | 11,8 km² |
Poboación | 64 hab. (2011) |
Densidade | 5,42 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste. O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan".
Patrimonio
editar- Igrexa de San Mamede de Vilachá, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior.
- Miradoiro da Capela, no Canón do Sil.
- Adegas de Vilachá de Salvadur, que son das máis antigas da Península Ibérica. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá.
Festividades
editar- Cata do Viño, o primeiro domingo de maio.
- Festas de San Mamede: os días 7,8 e 9 de agosto.
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilachá
editarLugares da parroquia de Vilachá no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Abelaira | A Eirexa | Trasmonte | Vilachá |
Parroquias da Pobra do Brollón
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Adegas de Vilachá". Concello da Pobra do Brollón. Consultado o 31 de maio de 2020.