Abrir o menú principal

A Pobra do Brollón, A Pobra do Brollón

parroquia do concello da Pobra do Brollón

Coordenadas: 42°33′26.46″N 7°23′28.34″O / 42.5573500, -7.3912056

A Pobra do Brollón
Samugueiros.JPG
Área Recreativa de Sanugueiros.
ConcelloA Pobra do Brollón
Área3,70 km²
Poboación271 hab. (2017)
Densidade73,24 hab./km²
Entidades de poboación5

San Pedro da Pobra do Brollón é unha parroquia e a capital do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 284 habitantes (366 en 1991) agrupados en 5 entidades de poboación, cunha densidade de 76,76 hab./km².

Linda con Castrosante e Saa polo norte; Cereixa e Castroncelos polo sur; Lamaigrexa polo leste e, Cereixa polo oeste.

HistoriaEditar

A antiga xurisdición da Pobra do Brollón abarcaba os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademais dos términos do coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A vila da Pobra ostentou foros particulares outorgados polo rei Sancho IV de Castela e o seu fillo o rei Fernando IV de León e Castela.

FestasEditar

  • Festas do Corpus, na honra ao Corpus Christi, no mes de xuño, son as principais da vila.
  • Festas de San Pedro

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar