Óutara, A Pobra do Brollón

parroquia civil do concello da Pobra do Brollón

Santa María de Óutara é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2007 tiña 41 habitantes (70 en 1991), cunha densidade media de 5,6 hab/km².

Óutara
Entrada á cova das Choias.
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°38′25″N 7°23′08″O / 42.640222222222, -7.3854583333333
Área7,32 km²
Poboación34 hab. (2017)
Densidade4,64 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Linda ó norte con Eirexalba e Santa Cruz do Incio, ó sur con Canedo e A Ferreirúa, ó leste co Hospital e San Pedro do Incio e, ó oeste con Laiosa. Está bañada polo río Cabe no lugar de Biduedo e nas proximidades desta pequena aldea está a cova das Choias, un dos paraxes naturais máis coñecidos da Terra de Lemos. A cavidade ten unha profundidade duns 120 metros e foi explotada como mina de ferro entre os séculos XVI e XVIII.

As altitudes máximas atópanse nos Montes de Óutara.

Historia e patrimonio

editar

No castro da Xunqueira atopouse unha estatuíña romana. O topónimo de Ouctar aparece nun documento da catedral de Lugo do 17 de novembro de 1202.

Segundo Nicanor Rielo Carballo a igrexa parroquial é do século XVII. Ten nave rectangular con muros de cachotaría encalados. Na parte exterior dun deles consérvanse restos de decoracións tradicionais a base de debuxos feitos con cal, ornamentacións moi habituais no sur da provincia de Lugo. O templo ten espadana con dous ollos, e cuberta de madeira a dúas augas na nave central e a tres na capela maior, que está algo máis baixa e ten acaroada a sancristía cara ao norte. No interior apréciase un arco triunfal apuntado que separa a nave da capela maior, na que se conserva un sinxelo artesoado e un retablo renacentista de gusto popular con tres rúas e tres pisos: no primeiro quedan restos de policromía que imitan un tapiz avermellado, no segundo aparece, na fornela central, a escultura de madeira policromada de San Gregorio e a ambos os dous lados desta unhas pinturas moi rudas que representan bispos ou autoridades eclesiásticas. O retablo remata cun conxunto escultórico que representa a Crucifixión (o Cristo, San Xoán e a Dolorosa). Por todo o retablo, que conserva restos de policromía, hai relevos que representan os atributos da Paixón (cravos, coroa de espiñas, tenaces e martelos).

As festas de Óutara, na honra da Virxe do Carme, celebrábanse o 15 de setembro pero na década de 1970 cambiáronse para o primeiro domingo de agosto.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Óutara

editar
Lugares da parroquia de Óutara no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

A Aira Vella | Biduedo | Bruñeira | O Couto | Óutara | Porvenza | O Pumar | A Rúa do Pozo

Parroquias da Pobra do Brollón

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar