Veiga, A Pobra do Brollón
San Xián de Veiga é unha parroquia da Pobra do Brollón anexa á de Santalla de Rei na provincia de Lugo. Pertence o arciprestado de Santalla de Rei. No ano 2011 tiña 39 habitantes agrupados en sete entidades , cunha densidade de 15,6 hab/km².
Veiga | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°35′43″N 7°24′42″O / 42.595297222222, -7.4116694444444 |
Área | 2,5 km² |
Poboación | 39 hab. (2011) |
Densidade | 15,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está delimitada polas parroquias de Piño e A Ferreirúa ao norte, Ferreiros ao leste, Santalla de Rei ao sur, e Piño ao oeste. A parroquia de Veiga está bañada polas augas de 2 ríos: o Cabe, que nace en Fontes, no concello do Incio, e o Picarrexo, afluente do Cabe e que desemboca na mesma parroquia.
Patrimonio artístico
editar- Igrexa románica de San Xián: data da segunda metade do século XII con naves ábsidas semicirculares, muros de cachotaría, tres arquivoltas semicirculares, canzorros lisos, estela con Flor de lis e, no interior, retablo barroco do século XVIII, esculturas e campanario con espadana de catro vans.
- Granxa de Robles: Foi propiedade de José María Gil Robles, que a vendeu o Estado no ano 1949 formando parte do servizo de mellora do gando vacún e prados do Plan Agrícola Galego.
Festividades
editarAs festas da parroquia celébranse no mes de xuño na honra o Corpus Christi. A festa non se celebrou durante moitos anos, máis de 50, pero hai poucos anos retomouse a festa, por decisión dos veciños. Durante os anos que non había festa celebrábase a Santa Lucía de Santalla de Rei.
Lugares e parroquias
editarLugares de Veiga
editarLugares da parroquia de Veiga no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Campo | Centeais | Cortiñas | Outeiro | Picais | A Ponte | Vales |
Parroquias da Pobra do Brollón
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBiografía
editar- Ramón y Fernández, José (1944). "La iglesia de San Xiao da Veiga". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (277-280): 113–116. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018.