Abrir o menú principal

Liñares, A Pobra do Brollón

Coordenadas: 42°29′57.4″N 7°24′4.1″O / 42.499278, -7.401139

Liñares
ConcelloA Pobra do Brollón
Área10 km²
Poboación31 hab. (2017)
Densidade3,1 hab./km²
Entidades de poboación4

San Cosme de Liñares é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2008 tiña 31 habitantes (16 homes e 15 mulleres) agrupados nas entidades de Guariz, Liñares e Santiorxo, xa que a entidade de Covos está deshabitada. A densidade media é de 3,1 hab/km². En 1991 tiña 43 habitantes.

Limia coas parroquias de Pinel e Abrence ao norte, Abrence e Quintá de Lor ao leste, Vilachá e Rozavales ao sur, e Sindrán ao oeste.

Patrimonio artísticoEditar

  • A igrexa de San Cosme foi construída no s. XVII, pero sufriu importantes reformas no s. XX. Ten dúas naves, muros de cachotaría e tellado de lousa. A fachada conta cunha porta enmarcada por arco de medio punto.A sancristía acaroada ó presbiterio. No interior, o retablo maior data do s. XVIII, con esculturas do s. XVII e s. XVIII.
  • Capela de Santiorxo.

FestividadesEditar

Festas do Rosario en agosto.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar