Ferreiros, A Pobra do Brollón
San Salvador de Ferreiros é unha parroquia da Pobra de Brollón, na comarca de Terra de Lemos. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 65 habitantes (31 homes e 34 mulleres) agrupados en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 7,49 hab./km². En 1991 tiña 106 habitantes.
Ferreiros | |
---|---|
Concello | A Pobra do Brollón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°35′30″N 7°22′48″O / 42.591666666667, -7.38 |
Área | 8,68 km² |
Poboación | 65 hab. (2011) |
Densidade | 7,49 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte coas parroquias da Ferreirúa, San Pedro do Incio e Trascastro polo norte, Saa polo leste, Saa e Castrosante polo sur, e Veiga polo oeste.
Historia
editarA primeira noticia documental que temos sobre esta parroquia data do 18 de abril de 1181 cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde Hospitalaria de San Xoán. Así mesmo, Martín Pérez, el Mosero, ofreceu á Igrexa de Santa María de Lugo e ao seu bispo o dereito de padroado que lle pertencía en San Salvador de Ferreiros, en compensación do sacrilexio que cometera ao violar a Igrexa de Lóuzara.
Patrimonio artístico
editar- Igrexa de San Salvador. Conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é de nave ábsida rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, canzorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI. Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santísimo, san Sebastián e santa Lucía.
- Casa de Díaz: Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a reitoral. As dúas casas puideron pertencer ó igrexario.
- O Mosteiro: Cenobio feminino pertence á Orde de San Xoán de Hospital, en cuxa lembranza queda a igrexa parroquial de San Salvador de Ferreiros, do arciprestado de Santalla de Rei. Entre as xentes do lugar perdura a tradición do mosteiro.
- Capela de Santa María Madanela, no lugar da Veneira de Roques.
Festividades
editar- Festas do Ecce Homo: o 14 de setembro, pero celebrada actualmente o 10 de agosto.
- Festas do San Brais: celebradas antigamente pero que aínda persisten, o 3 de febreiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ferreiros
editarLugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques |