Forgas, Ferreiros, A Pobra do Brollón
Forgas é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón.
Forgas | |
---|---|
Parroquia | Ferreiros |
Concello | A Pobra do Brollón |
Coordenadas | 42°36′03″N 7°21′03″O / 42.600875, -7.3508055555556Coordenadas: 42°36′03″N 7°21′03″O / 42.600875, -7.3508055555556 |
Poboación | 5 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
A parte baixa da aldea está a 580 metros de altitude, pero unha pequena parte chega ós 600 m, Forgas de Arriba. Está situada na cara leste do concello, en plena Serra do Courel. Contaba en 2008 con 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres).
Está situada en medio da montaña, ao lado do río Forgas ou Saa. A Forgas accédese unicamente por unha estrada de montaña asfaltada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón, aínda que tamén sobe unha corredoira dende Ferreiros. A Forgas de Arriba accédese unicamente por un carreiro dende Forgas.
Festividades editar
O patrón da aldea é San Vitoiro, e celébranse as súas festas nunha capela situada a varios quilómetros da aldea.
Véxase tamén editar
Lugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
---|---|
O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques |