Abrir o menú principal

Lamaigrexa, A Pobra do Brollón

Coordenadas: 42°33′35.9″N 7°22′16.8″O / 42.559972, -7.371333

Lamaigrexa
ConcelloA Pobra do Brollón
Área11,22 km²
Poboación97 hab. (2017)
Densidade8,65 hab./km²
Entidades de poboación7

San Pedro de Lamaigrexa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres) repartidos en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 10,7 hab./km². En 1991 tiña 193 habitantes.

Limita ó norte coa parroquia de Saa, ó sur con Castroncelos e Salcedo, ó leste con Parada dos Montes e Salcedo, e ó oeste coa Pobra do Brollón.

HistoriaEditar

Quedan restos do antigo Castro de Lamaigrexa. Un documento do s. XIII fai referencia á existencia desta freguesía.

Patrimonio artísticoEditar

O templo parroquial é do s.XVIII, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría e tellado de lousa. Sancristía acaroada ao presbiterio. Torre de tres corpos. No interior atopamos retablos neoclásicos con esculturas.

FestividadesEditar

Festas de San Antón en xuño.

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar