Sobreira de Santiorxo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A sobreira de Santiorxo é unha sobreira situada na aldea de Santiorxo, na parroquia pobrense de Liñares.
Características
editarEste tipo de árbore típica da Ribeira Sacra, crece tamén na zona mediterránea, na zona sur de España na zona cantábrica e as rías galegas. Esta árbore é varias veces centenaria e ten unhas dimensións moi grandes: case 3 metros de diámetro e 10,8 de perímetro. As abraiantes dimensións do tronco deste exemplar son consecuencia dunha enfermidade que a atinxe, facendo que o tronco se fure polo medio.
Outra sobreira tamén centenaria encóntrase a 70 m ó nacente desta.