Xurxo Ayán
Xurxo Miguel Ayán Vila, nado en Lugo o 5 de novembro de 1976, é un arqueólogo e investigador galego.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1976 (48 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela IES Sánchez Cantón |
Actividade | |
Campo de traballo | Arqueoloxía |
Ocupación | arqueólogo, investigador |
Empregador | Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa (2019–) |
Sitio web | alucenzadoabade.wordpress.com |
Traxectoria
editarSempre estivo moi ligado á Pobra do Brollón (Cereixa), a terra dos seus pais. Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra[1] e licenciouse con premio extraordinario en Historia na Universidade de Santiago,[2] facendo tamén a tese de doutoramento coa que conseguiu un premio da Deputación de Pontevedra á mellor tese de humanidades en 2012.[3] Arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC de Santiago de Compostela). Desenvolve o seu traballo técnico en tres eidos fundamentais: a avaliación e corrección de impacto arqueolóxico de grandes obras públicas, a posta en valor do patrimonio e a difusión e divulgación do coñecemento arqueolóxico. A nivel de investigación básica traballa en Arqueoloxía da Arquitectura, en Arqueoloxía de Idade de ferro e en Etnoarqueoloxía.
Gañou un contrato postdoutoral do Programa Juan de la Cierva na Universidade do País Vasco (2014-2017).Gozou dun contrato posdoutoral da Fundación Portuguesa para a Ciencia e a Tecnoloxía na Universidade Nova de Lisboa e dirixiu o proxecto Arqueologia do Estado Novo.[4] Foi investigador convidado na School of Advanced Research (USA), na Academia das Ciencias de Hungría e a Universidade de Binghamton (Nova York, USA).[5]
Pola súa vez, é autor dun cento de artigos científicos en revistas[6] e relatorios en congresos nacionais e internacionais, participando en diferentes proxectos. Colabora tamén con diversos medios, como o portal Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, o xornal Certo e Galicia Confidencial. Tamén publicou en prestixiosas críticas como World Archeology, Journal of Contemporary Archaeology and Archeologies.
Codirixe desde 2014 o proxecto International Brigades Archaeological Project[7] e dirixe desde 2016 Arqueología de la guerra civil y socialización del patrimonio en el monte de San Pedro (Amurrio)[8], Recuperación e posta en valor do castro de San Lourenzo (A Pobra do Brollón) e Adegas da Memoria.[9]
Obra en galego
editarEnsaio
editar- Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI (2012). 2.0 editora. Xunto a Manuel Gago Mariño.
- Onde as rúas non teñen nome (2020). Ed. Positivas. 260 páxs. ISBN 978-84-122421-6-4.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- La arqueología en la gasificación de Galicia 6: estudios de evaluación de impacto (1999). USC. ISBN 84-8416-925-1.
- Arqueotectura 2: la vivienda castreña : propuesta de reconstrucción en el Castro de Elviña (2001). Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais, IIT, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-699-6763-0.
- Plan director del castro de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña) (2004). USC. Con Carlos Otero Vilariño. ISBN 84-688-6348-3.
- Casa, Familia y Comunidad en la edad del Hierro del NW (2012). Redelibros. Tese de doutoramento.
- Altamira vista por los españoles (2015). Jas Arqueología Editorial. 312 páxs. ISBN 978-8494436826.
- Arqueología. Una introducción a la materialidad del pasado (2018). Alianza Editorial. Con Alfredo González Ruibal. 552 páxs. ISBN 978-8491812357.
Libros colectivos
editar- Rochaforte (2013). Concello de Santiago de Compostela.
- De la ocultación de las fosas a las exhumaciones. La represión franquista en el entorno del Campo de Concentración de Castuera (2013). Asociación Memorial Campo de Concentración de Castuera. ISBN 978-84-695-7917-6.
- Galaicos: un pueblo entre dos mundos (2018). Alvarellos. 180 páxs.
Notas
editar- ↑ "Historia_SC: Alumnado ilustre". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Xurxo Ayán. Universidade Nova de Lisboa - Academia.edu". unl-pt.academia.edu. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Investigadores da USC premiados pola Deputación de Pontevedra". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Xurxo Ayán Vila — ESPI". ihc (en inglés). 2019-05-03. Consultado o 2021-01-27.
- ↑ "Xurxo Ayán Universidade Nova de Lisboa - Academia.edu". unl-pt.academia.edu. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Xurxo M. Ayán Vila". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Xurxo Ayán Vila — ESPI". ihc (en inglés). 2019-05-03. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "25 Oct 16 - Ciclo de charlas y visitas “Arqueología de la Guerra Civil y Socialización del Patrimonio en el Monte San Pedro (Amurrio)”". WFTR (en castelán). 2016-10-23. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-19.
- ↑ "Guión". Adegas da Memoria. 2019-03-19. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-27. Arquivado 05 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xurxo Ayán |