Chavaga, Monforte de Lemos
San Xoán de Chavaga é unha parroquia de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009, tiña 58 (32 homes e 26 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes.
Chavaga | |
---|---|
Concello | Monforte de Lemos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°32′12″N 7°25′55″O / 42.53666, -7.43203 |
Poboación | 51 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita coas parroquias da Parte e Fornelas ao norte, Cereixa ao leste, Pinel e Bascós ao sur, e Reigada ao oeste.
Historia
editarO 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutiérrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.
En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Xoán de Chavaga é do século XVIII.
Festas
editar- Festas de Pascua, en Semana Santa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Chavaga
editarLugares da parroquia de Chavaga no concello de Monforte de Lemos (Lugo) | |
---|---|
O Alto de Chavaga | Barxa | Cabo | O Cotelo | Meixide | Montecelo | Outeiro | Pacios | O Piricallo | Ríos |