Guillermo Morán García
Guillermo Morán García, Asturiano, nado en Rebollada (Mieres) en 1919 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 Mieres, España |
Morte | 20 de abril de 1949 (29/30 anos) Chavaga, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Asturiano |
Actividade | |
Ocupación | maquis, mineiro |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Participou en | |
24 de abril de 1942 | Congreso de Ferradillo |
Familia | |
Irmáns | Mario Morán García |
Traxectoria
editarMineiro e comunista, loitou na Guerra Civil no batallón Sangre de Octubre co seu irmán Mario. Logo da execución do seu pai ao final da guerra, os dous irmáns mataron o xuíz municipal de Ribera de Arriba e fuxiron ao monte onde organizaron un grupo de fuxitivos coñecidos como Os Moranes. En xaneiro de 1940 co seu irmán Mario e 16 fuxitivos máis de Asturias, pasou a Portugal pola rexión de Porto, e regresou a España na primavera de 1941.
Participou en abril de 1942 no Congreso de Ferradillo que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Partidario da liña rupturista na Federación, integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (Destacamento Santiago Carrillo) baixo as ordes de Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 o seu grupo foi rodeado en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Guillermo foi abatido xunto a outros tres guerrilleiros (o xefe Evaristo González Pérez, Gregorio Colmenero Fernández e Julián Acebo Alberca) e dous enlaces.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.
- Serrano, Secundino (2001). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-103-X.