Gregorio Colmenero Fernández

guerrilleiro antifranquista

Gregorio Colmenero Fernández, coñecido como Porreto, nado en La Felguera[1] en 1923 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaGregorio Colmenero Fernández
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor em Wikidata
La Felguera, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
O Piricallo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1942 aparece na guerrilla baixo as ordes de Mario Rodríguez Losada. A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Produciuse un combate que tivo como resultado a súa morte xunto a doutros tres guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", e Julián Acebo Alberca "Guardiña".[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar