Julián Acebo Alberca

guerrilleiro antifranquista

Julián Acebo Alberca, coñecido como Guardiña, nado en Ranedo (provincia de Burgos) en 1921 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaJulián Acebo Alberca
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
Ranedo, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
O Piricallo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Exército Popular do Norte. Ao remate da guerra civil, foi detido e condenado a vinte anos de cadea. Saíu en liberdade condicional o 2 de marzo de 1944. Foi enviado a un Batallón de Traballos Forzados, traballando como mineiro no campo de traballo de Casaio, de onde escapou e ingresou na guerrilla.

En 1947 era membro da Segunda Agrupación Guerrilleira de León-Galicia formada en setembro na Pobra do Brollón que formaba parte do Exército Guerrilleiro de Galicia. Formou parte do grupo que ía ir ao Bierzo encabezado por Silverio Yebra Granja "Atravesao", que tiña como comisario político a Francisco Martínez López "Quico", e incluía a Oliveros Fernández Armada "Negrín", Alfonso Rodríguez López e Augusto Diéguez Yáñez "Rubio de Villanuiz". No verán de 1948 participou no encontro de guerrilleiros da II Agrupación que se celebrou no val da Cubela.

A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 varios guerrilleiros e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Produciuse un combate que tivo como resultado a súa morte xunto a doutros tres guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", e Gregorio Colmenero Fernández "Porreto".[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar