Augusto Diéguez Yáñez

guerrilleiro antifranquista galego

Augusto Diéguez Yañez, coñecido como Rubio de Villanuiz, nado en Vilanuíde (Quiroga) o 20 de agosto de 1920 e finado na Rúa o 27 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaAugusto Diéguez Yáñez
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1920 Editar o valor em Wikidata
Vilanuíde, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
A Rúa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRubio de Villanuiz Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por auxilio á rebelión, foi condenado a 6 anos de prisión. Foi membro do grupo de Mario Rodríguez Losada "Pinche" e despois do grupo de Silverio Yebra Granja "Atravesado" da Segunda Agrupación Guerrilleira de León-Galicia formada en setembro de 1947 e dirixida polo PCE. Na primavera de 1949 estivo no Bierzo con Silverio Yebra, Pedro Juan Méndez "Jalisco", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes", Manuel Zapico Terente "Asturiano", Francisco Martínez López "Quico" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas". En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con Xosé Castro Veiga, Roberto López Rodríguez e Fermín Gómez Segura encartados na causa 144/50.[1] Segundo a información proporcionada por un enlace detido pola policía, foi asasinado en Fontei (A Rúa) o 27 de agosto de 1951 xunto con Silvestre García López "Chimeneas".

Notas editar

  1. BOP Lugo, 8-7-1950, p. 4.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar