Manuel Zapico Terente

guerrilleiro antifranquista

Manuel Zapico Terente, coñecido como Asturiano, nado en La Fresnosa (Langreu) o 10 de xaneiro de 1926 e finado en París o 28 de agosto de 2004, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.[1]

Infotaula de personaManuel Zapico Terente
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1926 Editar o valor em Wikidata
Langreu, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 2004 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAsturiano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerrilleiro , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
MovementoOposición ao franquismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu pai, militante da CNT e excombatente en Asturias, ao rematar a guerra civil uniuse á resistencia francesa e foi capturado pola Gestapo, desaparecendo en 1942. Manuel foi criado polos avós e entrou a traballar na mina con dezaseis anos. Contactou coa guerrilla asturiana. Descuberto pola policía en outubro de 1946, trasladouse ao Bierzo. Incorporouse á guerrilla de Evaristo González Pérez "Rocesvinto" e Guillermo Morán García. Permaneceu no grupo ata a primavera de 1949, cando logo dos combates de Chavaga e Villasinde regresou ao Bierzo con Silverio Yebra Granja "Atravesado”, Pedro Juan Méndez "Jalisco", Augusto Diéguez Yáñez "Rubio", Silvestre García López "Chimeneas", Roberto López Rodríguez "Virnes" e Odilo Fernández Rodríguez "Blas". Despois foron cara A Cabrera para integrarse no grupo de Manuel Girón Bazán. Permaneceu alí ata o asasinato de Girón a mans dun infiltrado en 1951. Despois, con “Jalisco”, “Atravesado” e Francisco Martínez López "Quico", emprenderon a fuxida cara a Francia. Logrou saír de España en setembro de 1951, conseguiu asilo político en Francia, onde traballou como albanel e chegou a crear a súa propia empresa. Casou cunha francesa, e instalouse en Bourré, cerca de Montrichard, no departamento de Loir e Cher. Desprazouse moitas veces a España, onde participou activamente na rehabilitación do movemento guerrilleiro

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 1-9-2004, p. 7

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar