Francisco Martínez López

guerrilleiro antifranquista

Francisco Martínez López, Quico, nado en Cabañas Raras (O Bierzo) o 1 de outubro de 1925, é un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaFrancisco Martínez López
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1925 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Cabañas Raras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosOdette Martínez Maler Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3544016

Traxectoria editar

Fillo dunha familia republicana de campesiños e mineiros implicada no movemento guerrilleiro. De mozo traballou de mineiro e participou no Servizo de Información Republicana. Descuberto pola policía en setembro de 1947, conseguiu escapar e incorporouse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1949 uniuse ao grupo de Manuel Girón combatendo nel ata a morte de Girón en maio de 1951. En setembro dese ano pasou a Francia con Manuel Zapico, Pedro Juan Méndez e Silverio Yebra.

Logo da morte de Franco formou parte do Comité Central do PCE, dedicándose a reclamar e homenaxear a memoria dos antigos guerrilleiros. Participou no documental sobre a guerrilla Silencio roto de Montxo Armendariz e na película La guerrilla de la memoria de Javier Corcuera e en conferencias, reunións e homenaxes sobre este tema.

Obras editar

  • 2011, Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido. La guerrilla antifranquista de León (1936-1951) y la memoria cautiva de la guerrilla (1952-2011). Arganda del Rey: Latorre Literaria. ISBN 9788493884000
  • 2022, Caminos de resistencia. Cádiz: Ediciones El boletín. ISBN 978-8412548617

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar