Roberto López Rodríguez

guerrilleiro antifranquista galego

Roberto López Rodríguez, coñecido como Virnes e Pajarito, nado no Mazo (Vilamartín de Valdeorras) o 24 de decembro de 1914 e finado en Freixido (Petín) o 29 de novembro de 1997, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaRoberto López Rodríguez
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
O Mazo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVirnes
Pajarito Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño da Rúa. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi voluntario no exército republicano. Ferido no pulmón. Coa caída da fronte asturiana foi detido e xulgado en Asturias e condenado a pena de morte, que foi conmutada a cadea perpetua. Estivo na prisión de Ourense e despois en Palma, de onde saíu en liberdade condicional a principios da década de 1940. Membro do grupo guerrilleiro comandado por Arturo López Delgado que loitou na bisbarra de Valdeorras. O 6 de agosto de 1942 Arturo morreu nun enfrontamento coa Garda Civil preto da súa aldea natal, con Ovidio González Vázquez "Pollon", Ildefonso Fernández Seoane "Cuñeira" e Manuel Monteserín "Gerardo". O grupo foi denunciado por un labrego que os aprovisionou de viño. Despois de comer e beber, os guerrilleiros estaban durmindo e foron sorprendidos pola Garda Civil. Roberto López logrou fuxir.

Incorporouse á II Agrupación da Federación na zona de Ourense e en 1944 estivo á fronte dunha das súas unidades. Cara a 1946 aparentemente pertencía ao grupo comandado por Evaristo González Pérez e Guillermo Morán García. Uniuse ao grupo de Mario de Langullo e participou con el nalgunhas accións, como a do casarío da Mata en 1947. En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con Xosé Castro Veiga, Augusto Diéguez Yáñez e Fermín Gómez Segura encartados na causa 144/50.[1] Na primavera de 1949, despois dun importante número de derrotas, formou parte dun grupo que volveu ao Bierzo do que formaban parte Silverio Yebra Granja, Pedro Juan Méndez, Augusto Diéguez Yáñez, Silvestre García López, Manuel Zapico Terente e Odilo Fernández Rodríguez; pasou despois a La Cabrera onde se incorporou ao grupo de Manuel Girón Bazán.

Logo da morte de Manuel Girón en 1951, e da partida cara a Francia dos sobreviventes do grupo, Roberto e Gloria Blanco Diéguez lograron pasar por Andorra a Francia en abril de 1952.[2] Cruzaron a fronteira francesa con Odilio Fernández "Blas" e a súa muller o 20 de abril de 1952. Dirixíronse á Béziers (Hérault), onde estiveron na casa doutros exiliados, Bienvenido Piñeiro, de Murcia, e a súa muller Dolores Fernández Campos, de Freixido (Petín). En agosto de 1957 chegou a París.[3] Regresou a España despois da morte de Franco, e morreu en 1997 en Freixido, onde foron esparexidas as súas cinzas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar