Fermín Gutiérrez Lada

guerrilleiro antifranquista
(Redirección desde «Fermín Gómez Segura»)

Fermín Gutiérrez Lada,[1] coñecido como Segura, Tanque, San Lorenzo e Recalada, nado en La Zorera (Sama de Langreu) en 1916 e finado en Argozón (Chantada) o 10 de outubro de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaFermín Gutiérrez Lada
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Sama, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Argozón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSegura
San Lorenzo
Tanque
Recalada Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Combateu no exército republicano na 28 Brigada Mixta, sendo ascendido a sarxento.[2] Operou como enlace da guerrilla. Cando foi descuberto, incorporouse á guerrilla con Manuel Zapico Terente. Estivo primeiro no Bierzo e despois desplazouse a Galicia. A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Samuel Mayo Méndez conseguiu saír do cerco, e Fermín, ferido na mandíbula, conseguiu fuxir chegando ata Cereixa onde se refuxiou na antiga casa reitoral.[3] Dende ese momento converteuse nun guerrilleiro solitario e despois uniuse ao grupo encabezado por Xosé Castro Veiga. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[4] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1950 encartado na causa 13/50.[5] En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con José Castro Veiga, Roberto López Rodríguez e Augusto Diéguez Yáñez encartados na causa 144/50.[6] Reclamado novamente en maio de 1951 encartado na causa 76/51,[7] e en marzo de 1953 pola causa 181/52.[8] O 10 de outubro de 1953 a Garda Civil deulle o alto nun control rutineiro en Argozón (Chantada), fuxiu para agocharse nunha casa e véndose cercado disparouse un tiro na tempa.[9] A Garda Civil levouno a Chantada, pero finou no camiño. Foi soterrado en Chantada.

Notas editar

  1. Nalgunhas fontes aparece como Fermín Gómez Segura
  2. Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 7-5-1938, p. 430.
  3. La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil
  4. El Progreso, 5-10-1949, p. 2.
  5. BOP Lugo, 18-3-1950, p. 3.
  6. BOP Lugo, 8-7-1950, p. 4.
  7. BOP Lugo, 8-5-1951, p. 4.
  8. BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4.
  9. Arquivo Histórico do PCE

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar