Evaristo González Pérez

guerrilleiro antifranquista

Evaristo González Pérez, Rocesvinto, nado en Dragonte (Corullón) en 1916 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Infotaula de personaEvaristo González Pérez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Dragonte, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (32/33 anos)
Chavaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRocesvinto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ao inicio da Guerra Civil fuxiu ao monte, pero chegou a un pacto para volver, co cal se afiliou á Falange e incorporouse ao exército sublevado. Mais, desertou para unirse ao Exército da República. Cando rematou a guerra foi detido e sometido a consello de guerra, condenado a morte, conmutáronlle a pena pola de 30 anos. Fuxiu da cadea xunto con outros tres reclusos o 30 de setembro de 1942 e integrouse na Federación de Guerrillas de León-Galicia, na que chegou a ser dirixente da tendencia comunista. Foi un dos sete guerrilleiros que foron rodeados en Sobrado en outubro de 1943.

O 21 de outubro de 1945 presentouse en Dragonte (Corullón) con outros catro guerrilleiros e mataron o párroco Rocesvinto Ruiz (de onde tomaría o seu apelativo) e outros catro veciños.

En 1946 seguindo a táctica dos comunistas, encabezou a liña secesionista que rompeu coa Federación o 18 de agosto, abandonando a maior parte dos militantes e simpatizantes do PCE a zona de León para concentrarse en Ourense.

En 1949, foi nomeado xefe do sector lucense da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, denominado destacamento Santiago Carrillo. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril varios guerrilleiros e enlaces foron rodeados en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Loitaron varias horas, e finalmente morreu Rocesvinto, resultando apresada a súa compañeira Luisa López Centeno. Outros tres guerrilleiros (Guillermo Morán García, Gregorio Colmenero Fernández e Julián Acebo Alberca) e dous enlaces morreron tamén nos combates.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Serrano, Secundino (2001). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-103-X. 

Ligazóns externas editar