Oliveros Fernández Armada

guerrilleiro antifranquista galego

Oliveros Fernández Armada, coñecido como Negrín, nado en Traspena (Covas, Baralla) cara a 1923, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaOliveros Fernández Armada
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor em Wikidata (100/101 anos)
Traspena, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesNegrín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante do PCE. Enlace da guerrilla queimado, en 1945 ingresou na Federación de Guerrillas de León-Galicia. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en novembro de 1946 como encartado na causa 177/46 por roubo a man armada e relación con bandoleiros.[1] Dende 1947 estivo integrado na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na zona do Bierzo, no grupo de Silverio Yebra Granja que tiña como comisario político a Francisco Martínez López. En 1948 negouse a marchar a Francia e a finais dese ano actuaba na fronteira das provincias de Lugo e León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o socialista Hilario Álvarez Méndez e Alpidia García Moral.

Integrado nun grupo guerrilleiro con Manuel Gutiérrez Abella, Edelmiro Alonso García, Pedro Lamas Cerezales e Adoración Campo Canedo, tivo un enfrontamento coa Garda Civil en Castiñeiras o 27 de outubro de 1948 que lle custou a vida ao garda Sabas Andrés Salazar. A Garda Civil detivo ao día seguinte varios veciños de Castiñeiras, entre eles Vicenta López Digón, enlace da guerrilla, e o seu fillo Jesús Camuñas López que acolleran aos guerrilleiros na súa casa, e foron asasinados esa noite.[2] O 17 de marzo de 1949 logrou escapar con Victorino Nieto do masacre de Vilasinde na Veiga de Valcarce, onde foi sorprendido o seu grupo e foron asasinados Abelardo Macías, Hilario Álvarez e Alpidia García. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.[3]

Logrou pasar a Francia en 1950.

Notas editar

  1. BOP Lugo, 25-11-1946, p. 2.
  2. "La ARMH exhumará a una madre y a su hijo asesinados en Villafranca por la Ley de Fugas". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2021. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  3. El Progreso, 5-10-1949, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 60. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar