Abrir o menú principal

Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, máis coñecida como Teresa Herrera, nada na Coruña o 10 de novembro de 1712 e finada na mesma cidade o 22 de outubro de 1791, foi a fundadora do primeiro hospital da súa cidade natal.

Teresa Margarita Herrera y Pedrosa
Nacemento10 de novembro de 1712
 Rúa Cordonería, A Coruña Galicia Galicia
Falecemento22 de outubro de 1791 (78 anos)
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónBeneficencia
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Orfa de pai dende os catro anos. Sendo moi nova[Cómpre referencia] morreu a súa nai que a deixou a cargo dos seus nove irmáns, especialmente da súa irmá María Josefa que nacera cun atraso psicolóxico. Cando naceu, a cidade da Coruña tiña unha poboación de 12 000 habitantes e o país estaba en plena guerra de Sucesión entre os Borbóns de Filipe V e os Austrias de Carlos de Austria.

Dedicada á devoción católica e á caridade, loitou por crear un hospital na Coruña.[1] En 1789 doou unha gran parte dos seus bens para fundar o primeiro hospital da cidade, o Hospital da Caridade, que foi fundado o 27 de setembro de 1794, despois da súa morte.[2][3]

Os seus restos descansan na Igrexa de San Nicolao da Coruña.[4].

RecoñecementosEditar

 
Hospital Teresa Herrera.

Na cidade da Coruña levan o seu nome:

NotasEditar

  1. "Teresa Herrera, la santa coruñesa olvidada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2016. 
  2. "Teresa Herrera: Una vida de caridad" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2016. 
  3. En honor de Teresa Herrera
  4. HOSPITAL MATERNO INFANTIL TERESA HERRERA