Escola da Tebra
A Escola da Tebra, tamén referenciada como Escola da Treba[Cómpre referencia], foi unha das correntes dominantes da poesía galega posterior á guerra civil española, parella no tempo á poesía social (ou realismo social).
Historia e características
editarA Escola da Treba estivo fortemente caracterizada polo clima dun "eu lírico" angustiado, pola soidade e desesperanza, e pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como tamén pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus.
Esta corrente considérase inaugurada en 1950 coa publicación de Muiñeiro de Brétemas, de Manuel María, e con Fabulario novo (1952) de Cuña Novás. Forman parte desta xeración autores nados entre 1930 e 1940 e que, polo tanto, eran autores próximos da vintena. Algúns representantes desta escola son o citado Manuel María, Xosé Luís Franco Grande, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Méndez Ferrín ou Avilés de Taramancos..., entre outros.
Moitos membros desta xeración contarían, asemade, cunha intensa vida política, participando de procesos tales como a fundación da Unión do Pobo Galego ou do Partido Socialista Galego.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- A escola da Tebra, documento didáctico da AELG. (pdf)