Santiago Morán

pintor español

Santiago Morán "el Viejo", nado en Viana do Bolo, Ourense, circa de 1571 e finado en Madrid en 1626, foi un pintor de cámara.

Santiago Morán
Nacementoc. 1571
Lugar de nacementoViana do Bolo
Falecemento1626
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
FillosSantiago Morán Cisneros
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

 
La infanta Margarita Francisca, cara a 1610, óleo sobre lenzo (100 x 72 cm.), Museo do Prado.

Discípulo e colaborador de Juan Pantoja de la Cruz, ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III ao quedar esta vacante á morte de Pantoja en 1609. Como pintor de cámara están documentados algúns retratos que fixo do rei e dos membros da familia real, inda que asemella que so se conservou o retrato da infanta Margarida Francisca, filla de Filipe III, atribuído a el no Museo do Prado.[1] Tamén, segundo os documentos, destacou como pintor de aves. En 1612 recibiu o encargo de copiar algunhas das pinturas que a raíña Margarida de Austria encargara traer de Florencia para o retablo maior e colaterais do convento das Descalzas Reais de Valladolid, pinturas que sufriran graves danos na viaxe. Segundo investigacións recentes parece probable, con todo, que Morán se limitase a restaurar, e quizais non pola súa propia man, estas pinturas conservadas in situ. Da súa produción, descontados estes cadros, queda unicamente unha Imposición da casula a San Ildefonso en colección particular ata que foi adquirido polo Estado en 2016 con destino ao Museo do Prado.

É pai do pintor Santiago Morán Cisneros.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar