Pío Rodríguez Terrazo
Pío Rodríguez-Terrazo Blanco, nado en 1800 en Berán (Leiro)[1] e finado en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1872[2], foi un xurista e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1800 ![]() Berán, España ![]() |
Morte | 26 de xaneiro de 1872 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
![]() | |
6 de agosto de 1855 – 23 de xullo de 1856 – Pablo Zamora Marcos → | |
![]() | |
agosto de 1843 – | |
![]() | |
24 de xullo de 1840 – | |
![]() | |
1834 – ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xurista, político ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Pedro Rodríguez-Terrazo e Ángela Blanco, estudou Leis na Universidade de Santiago de Compostela desde 1820. Tivo problemas en 1825 para matricularse polos seus antecedentes liberais, rematando a carreira en 1830.
Afincouse en Santiago de Compostela como avogado e despois como fiscal. Foi o primeiro alcalde de Santiago de Compostela (1834) e líder do progresismo en Compostela (1840-1847) formou parte de todas as xuntas revolucionarias dos pronunciamentos. Fundou o periódico La Situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares e a avogacía. Os seus derradeiros anos foi Promotor Fiscal do Xulgado de 1ª instancia de Santiago.
Vida persoal
editarEstivo casado dúas veces: a primeira, con Joaquina Rodríguez Feijóo, que era paisana súa, nada na mesma localidade leirensá; a segunda, desde 1869, con Ignacia Jauriguiberri Martiarena, quen empregou ocasionalmente o apelido Palacios (jauregiak en [lingua éuscara], tomando o primeiro lexema do primeiro apelido), como tamén facía o seu pai en lugar do seu apelido vasco.
Predecesor: Primeiro presidente |
Presidente da Xunta Superior de Goberno de Galicia 1846 |
Sucesor: Derradeiro presidente |
Notas
editar- ↑ Padrón veciñal de Santiago. Ano de 1865. Parroquia de Santa Susana (Arquivo Histórico Universitario de Santiago-sg.AM 1029, p.61r). Nesta fonte dise que conta 65 anos, é natural de Berán e está viúvo. Tamén se indica que é Promotor Fiscal.
- ↑ El Diario de Santiago, 26-1-1875. Tódalas necrolóxicas de anos sucesivos informan que o ano da súa morte foi o de 1872; mais, na necrolóxica publicada en La Gacetilla de Santiago, en 25 de xaneiro de 1873, dise que foi en 1871.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro, X. R. (2005). "Rodríguez Terrazo, Pío". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández Teixeiro, Manuel María (2016) [1974]. Abril de lume e ferro (Obra de teatro) (2 ed.). Fundación Manuel María de Estudos Galegos. ISBN 978-84-944417-5-2.
- Parrilla García, José Antonio (1984). Breve Historia de Galicia (banda deseñada) . Caixa Galicia. pp. 52–53. ISBN 84-85620-08-9.
- Tettamancy, Francisco (1908). La revolución gallega de 1846 (en castelán). A Coruña.
- Tettamancy, Francisco (1912). Los Mártires de Carral (en castelán). Imprenta y Fotograbado de Ferrer.
- "Rodríguez Terrazo, Pío". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 198.