Beato de Liébana

monxe e teólogo cántabro

Beato de Liébana, nado no Ducado de Cantabria en 701 e finado en Liébana cara ao ano 798, foi un monxe mozárabe do Mosteiro de San Martiño de Turieno (actualmente Mosteiro de Santo Toribio de Liébana), na comarca de Liébana (Cantabria, España), preto dos Picos de Europa.

Modelo:BiografíaBeato de Liébana

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento731 Editar o valor en Wikidata
Liébana, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 798 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, teólogo, escritor, monxe, iluminador Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1719723

En Cantabria, así como en Asturias, existe unha gran devoción por esta figura. Inscrito no santoral católico, a súa festividade celébrase o 19 de febreiro.

Os Catro Xinetes da Apocalipse. Beato da Universidade de Valladolid do século X.

Traxectoria

editar

Beato probablemente naceu e criouse en Liébana, no seo dunha familia pobre. Como confesor da raíña Adosinda, esposa de Silo de Asturias, e como mestre de Alcuíno de York e Eterio de Osma, Beato exerceu unha grande influencia.[1]

 
«Son tamén sete reis: cinco caeron, un é, e o outro non chegou aínda. E cando chegue, haberá de durar pouco tempo. E a Besta, que era e xa non é, fai o oitavo, pero é un dos sete; e camiña cara a súa destrución. Os dez cornos que viches son dez reis que non recibiron aínda o reino; pero recibirán coa Besta a potestade real, só por unha hora. Están todos de acordo en entregar á Besta o poder e a potestade que eles teñen. Estes farán a guerra ó Cordeiro, pero o Cordeiro, como é Señor de Señores e Rei de Reis, venceraos en unión cos seus, os chamados e elixidos e fieis». (Apocalipse, 17.10).

A súa obra máis coñecida é o Comentario ó Apocalipse de San Xoán (Commentarium in Apocalypsin), de gran difusión durante a Alta Idade Media, por mor do seu traballo nos eidos da teoloxía, política e xeografía.

De indubidable autoría de Beato é o Apologeticum adversus Elipandum, unha obra en dous volumes, que escribiu con Eterio de Osma, para enfrontarse á herexía adopcionista do arcebispo de Toledo, Elipando.

En troques, discútese a autoría do himno O Dei Verbum, que está formado por frases e conceptos tomados do Comentario para ensalzar e promocionar o padroado de Santiago sobre a Hispania setentrional, necesitada da axuda divina. Poucos anos despois, sería descuberta a tumba do apóstolo en Santiago de Compostela.

Outra obra atribuída ó Beato sen certeza e que se conserva nun manuscrito fragmentario do século X (en Santillana del Mar), é un Liber Homiliarum de uso litúrxico. Son homilías que seguen as lecturas da misa ou o oficio de maitines, de acordo co calendario mozárabe.

  1. ""St. Beatus of Liébana", Christ in the Desert Monastery". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Divers auteurs, Dictionnaire culturel du Christianisme, París 1994, Ed. Cerf / Nathan.
  • André-Marie Gérard, Dictionnaire de la Bible, París 1989, Ed. Robert Laffont, coll. Bouquins.
  • Divers auteurs, Grand Atlas de l'Histoire mondiale, Encyclopaedia Universalis et Albin Michel.
  • Danielle Gaborit-Chopin e François Heber-Suffrin, Enluminure et arts précieux autour de l'An Mil, en Christian Heck (coa dirección de), Moyen Âge, Chrétienté et Islam, París 1996, Histoire de l'Art Flammarion.
  • Jacques Fontaine, L'Art préroman hispanique, vol. 2: L'Art mozarabe, 1977, Ed. de la Pierre qui Vire, coll. Zodiaque.
  • Henri Stierlin, Le livre de Feu, Genève 1978, Ed. Sigma (París, Bibliothèque des Arts).
  • Mireille Mentré, La peinture mozarabe, París 1984, Presses universitaires de Paris Sorbonne (version remaniée de la Thèse de Doctorat d'État soutenue par l'auteur en 1981).