Adosinda Afónsez

(Redirección desde «Adosinda (raíña)»)

Adosinda Afónsez, finada despois do 785, foi raíña consorte da Galiza altomedieval polo seu matrimonio co rei (princeps) Silo.

Modelo:BiografíaAdosinda Afónsez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Adosinda Alfónsez Editar o valor en Wikidata
728 Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 785 Editar o valor en Wikidata
Pravia, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of San Juan Apóstol y Evangelista (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Q100700834 Traducir
774 – 783
← Munia de ÁrabaCreusa (rainha) (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSilo Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso I o Católico Editar o valor en Wikidata  e Ermesinda Editar o valor en Wikidata
IrmánsFroila I
Mauregato
Vimarano Editar o valor en Wikidata

WikiTree: De_Cantabria-11

Traxectoria

editar

Foi filla de Afonso I o Católico e da raíña Ermesinda, e irmá de Froila I e medio irmá do rei Mauregato. Por parte paterna era neta do duque Pedro de Cantabria, e por parte materna era neta de Paio de Asturias e da súa muller Gaudiosa.

Trala morte do seu irmán, o rei Fruela I, permaneceu na corte baixo a protección do rei Aurelio, e mandou ao seu sobriño Afonso ao mosteiro de San Xulián de Samos para darlle protección e formación. Na corte asturiana coñeceu a Silo, un nobre galego co que casou. Trala morte de Aurelio no ano 774, Silo pasou a ser , pasó a ser rei de Asturias.

Ao morrer Silo no ano 783 sen deixaren descendencia, Adosinda interveu para que o sucesor do rei fose o seu sobriño Alfonso, o fillo de Fruela. Porén, o trono foi tomado polo medio irmán de Adosinda, Mauregato, quen expulsou a Afonso, o cal se refuxiou en Álava.

 
Tumba de Silo e Adosinda.

Xa que Adosinda apoiara a Afonso, a súa posición na corte fíxose insegura, polo que ingresou no mosteiro de San Xoán de Santianes de Pravia (Pravia)[1]. Entrou como relixiosa o 26 de novembro do ano 783 ou 785 segundo o cronista Ambrosio de Morales, en presenza do abade Fidel e de Beato e Eterio, estes dous coñecidos pola controversia que mantiveron co arcebispo de Toledo Elipando de Toledo[2]. Este mosteiro fora mandado construír por Silo, e nel foron enterrados o rei e mais a súa esposa[3].

  1. Álvarez Palenzuela, V. A.: Historia de España de la Edad Media. Capítulo 5, páx 97.
  2. Quadrado, J. M.: Recuerdos y bellezas de España: Asturias, páx. 45.
  3. Del Arco y Garay, Ricardo (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita - CSIC. Páx. 133.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dacosta Martínez, Arsenio F. (1992): "Notas sobre las crónicas ovetenses del siglo IX: Pelayo y el sistema sucesorio en el caudillaje asturiano", en Studia historica. Historia medieval nº 10, páx. 9-46. Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca. Departamento de Historia Medieval, Moderna y Contemporánea.
  • Flórez, Enrique (1770): Memorias de las Reinas Católicas. Historia genealógica de la Casa real de Castilla y de León. Tomo I.
  • Solé, José María (2007): Apodos de los reyes de España. La Esfera de los Libros S.L.

Ligazóns externas

editar