Arquidiocese católica latina de Toledo

(Redirección desde «Arcebispo de Toledo»)

A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.

Arquidiocese de Toledo
Archidioecesis Toletana
Escudo
Datos xerais
Erixidaséculo I
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Latina
RitosRomano e hispano-mozárabe
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoBraulio Rodríguez
Outros datos
Páxina webarchitoledo.org

A arquidiocese e as súas sés sufragáneas

Historia editar

Cronoloxía editar

Comezos e época visigoda editar

A diocese de Toledo foi erixida no século I, e considérase fundador da mesma ao apóstolo Santiago o Maior.

No século IV foi elevada ao rango de arquidiocese metropolitana. É segundo a tradición a diocese de maior importancia de España, polo que o seu arcebispo leva tamén o título de Primado de España.

Coa chegada dos visigodos e, especialmente, logo da designación de Toledo como capital do reino, a diocese estendeu a súa xurisdición sobre territorios da Cartaxinense que dependían eclesiásticamente da súa capital, Carthago Spartaria (hoxe Cartaxena). Como a sé metropolitana de Carthago Spartaria estaba no territorio dominado polos bizantinos, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que acordou elevar a Toledo ao rango de arquidiocese metropolitana.

Entre o 400 e o 702 sucedéronse dezaoito concilios de Toledo, entre os cales salienta, pola súa importancia, o Terceiro Concilio de Toledo, pola conversión de Recaredo e da súa corte.

Dominación musulmá e reconquista editar

Durante a dominación musulmá, Toledo deveu un bastión do cristianismo, e mantívose a arquidiocese e a sucesión episcopal. No século VIII tivo lugar unha persecución aos cristiáns que permanecían en Al-Andalus(os mozárabes), que provocou migracións cara aos reinos cristiáns do norte da península. O rito da Igrexa hispana, ou rito mozárabe, porén, perviviu en Toledo, grazas aos mozárabes que quedaron na cidade.

O rei Afonso VI e os cristiáns reconquistaron a cidade de Toledo en 1085, devolvéndolle á arquidiocese o seu antigo poder. O primeiro arcebispo deste período foi Bernardo de Cluny, membro da orde de Cluny. A sé episcopal participou activamente na Reconquista, controlando o territorio conquistado e alentando á expansión das ordes militares de Santiago, de Calatrava e de Alcántara.

O 6 de marzo de 1101 o papa Pascual II confirmou Toledo como sé primacial coa bula Actorum synodalium. Neste período foi iniciada a construción da actual Catedral de Santa María.

Dende a Reconquista editar

Logo da reconquista, durante o reinado dos Reis Católicos, foi nomeado arcebispo de Toledo Francisco Jiménez de Cisneros, quen inaugurou a Universidade de Alcalá, cuxo territorio pertencía entón á arquidiocese; e participou activamente na política do reino. Durante o reinado de Filipe II a corte foi trasladada a Madrid, mais a cidade seguiu a depender eclesiásticamente de Toledo.

Durante os dous últimos séculos a arquidiocese sufriu varios episodios complicados. Coa invasión de Napoleón a arquidiocese foi saqueada, e o arcebispo fuxiu a Sevilla. Coas desamortizacións de Mendizábal e Madoz comezou un conflito entre o goberno de España e a Santa Sé, quedando durante un tempo a sé vacante. Finalmente, a guerra civil española supuxo a destrución de gran parte do patrimonio artístico do arcebispado e a morte de 281 sacerdotes.

Liturxia editar

Calendario particular editar

Ademais das celebracións litúrxicas comúns á Igrexa Católica Latina, a arquidiocese celebra as seguintes festas no seu calendario:[1]

Rito hispano-mozárabe editar

Artigo principal: Rito hispano-mozárabe.

Episcopoloxio editar

Arcebispos de Toledo editar

Notas editar