Cartaxinense
A Cartaxinense (en latín: Carthaginensis ou Carthaginiensis) foi unha provincia romana e unha provincia eclesiástica na Península Ibérica que resultou da división da antiga provincia Tarraconense, situada no centro-sueste da Península Ibérica, con capital en Cartago Nova (Cartaxena).
Carthaginensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Rexión histórica | Hispania | ||||
Provincia romana | Tarraconense | ||||
Capital | Cartago Nova | ||||
Provincia romana
editarOrixinalmente un dos conventus iuridicus da Tarraconense, a Cartaxinense foi separada por Diocleciano no 298 e subordinada á diocese de Hispania da prefectura pretoriana da Galia. Rexíase por un praeses que respondía ao vicario da diocese.
A mediados do século IV, posiblemente baixo Xuliano, o territorio das Illas Baleares separouse e pasou a ser Balearica, como provincia autónoma.
A provincia foi saqueada durante a invasión de vándalos, suevos e alanos no ano 409. A mediados do século V, a rexión foi finalmente anexionada polos visigodos, liderados polo rei Eurico, e pasou a formar parte do Reino visigodo.
A principios do século VI, as tropas bizantinas incorporaron ao dominio de Constantinopla en nome do emperador Xustiniano I a zona costeira da Cartaxinesa e parte da Bética, que comezou a formar unha nova provincia dende o actual Algarve ata o sur da actual provincia de Valencia, chamada Spania. Xustiniano cambiou o nome da capital por Cartago Espartaria e converteuna na capital da nova provincia.
Gran parte dos territorios bizantinos foron reconquistados de novo polo reino visigodo de Leovixildo. Cartago espartana resistiría uns anos máis, pero foi conquistada e destruída polo rei visigodo Suintila ao redor do 622.
A provincia desapareceu por completo no 711 cando os exércitos musulmáns invadiron a Península Ibérica.
Provincia eclesiástica
editarCando o Imperio Romano se converteu ao cristianismo, a Igrexa cristiá primitiva fíxose cargo da división provincial imperial.Deste xeito, as primeiras provincias eclesiásticas correspondían exactamente coas estruturas provinciais romanas existentes, incluída a provincia Cartaxinense, que exercía así a función de sé metropolitana sobre todos os bispados que existían no seu territorio. A coincidencia entre división política e división relixiosa existiu ata a caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476. A mediados do século VI, a provincia eclesiástica cartaxinesa foi dividida politicamente en dúas: unha parte no centro da península controlada polo visigodos e outro ao sur.e ao leste controlado polos bizantinos.
Dentro da provincia situáronse dioceses tan importantes como Valentia, Toleto, Eliocroca, Begastro ou Ilici.
Concilio de Toledo
editarA cidade de Toleto (Toledo), capital do reino visigodo, estaba incluída na Cartaxinense, cuxa capital estaba baixo dominio bizantino. Por iso, pouco despois de acceder ao trono, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que tivo lugar en Toledo e que acordou que Toledo sería a nova metrópole de toda a provincia, arrebatándolle este título á sé de Cartaxena, un declaración que apoiou ao rei mediante decreto do 23 de outubro de 610. Deste xeito desapareceu a provincia eclesiástica Cartaxinense.
Cando Cartaxena foi conquistada polos reinos cristiáns no século XIII, a diocese foi restaurada, pero sen carácter metropolitano.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- J. Arce. El último siglo de la España romana, Madrid, 4ª. ed., 1997, ISBN 978-84-206-2347-4
- L.A. García Moreno, Historia de España visigoda, Madrid, 1989, ISBN 978-84-376-0821-1